Castromao, A Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
Na súa honra, están construidas a Igrexia parroquial de Santa María da Asunción e a Capela de San Roque.
 
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona, da que a súa fundación ten que ser anterior ó século XVII, e crese que data do ano 69, aínda que sería ampliada e modificada nos séculos seguintes. O seu retablo é de finais dos século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados, cos catro símbolos: San Mateo simbolízase cun anxo (ou home con ás, San Marcos simbolízase cun león, San Lucas simbolízase cun boi e San Xoan simbolízase cunha aguia e a mirada dirixida cara o sol. Estas importantes esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o Coro da Catedral de Santiago de Compostela e introductor do "manierismo" en Galicia.
 
Na parroquia de Castromao había un xacemento defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. Este xacemento está definido por unhas características básicas sobresaíndo o castro, situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rocosas e un antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre sí por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de este a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, parentemente de terra, completado por un terraplén, foso e parapeto.