Dozón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
copyvio http://www.depontevedra.es/?1,161,6191
Liña 70:
 
Durante o reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]], Dozón converteuse en Reguengo.
 
Esta área xeográfica formou parte da [[provincia de Lugo]] ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na [[provincia de Pontevedra]]. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó [[conde de Lemos]] e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes.
 
No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e en O Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.
 
No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Vilanova de Dozón. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.
 
==Patrimonio==