Diferenzas entre revisións de «Intestino delgado»

m
 
== Función do intestino delgado ==
O quimo que se crea no [[estómago]] do bolo alimenticio mesturado co [[ácido clorhídrico]] a partir de movementos peristálticos mestúrase coas secrecións [[bilis|biliar]] e [[páncreas|pancreática]] (ademais da propia duodenal) para non romper as capas do intestino delgado (xa que este ten un pH ácido) e é levado ó duodeno. O tránsito alimenticio continúa por este tubo duns 6 metros (no vivo) ó longo dos cales se completa o proceso da [[dixestión]] e efectúase a absorción das substancias útiles. Os fenómenos da [[dixestión]] e da [[Absorción dixestiva|absorción]] van depender grandemente do contacto do [[alimento]] coas paredes intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e absorción dos alimentos. Isto dános unha das características morfolóxicas máis importantes do intestino delgado que son a presenza de numerosos pliegues que amplifican a superficie de absorción como:
# Dobras circulares.
# Vilosidades intestinais (de 0,5 mm de altura e un núcleo de lámina propia).
63.042

edicións