Troia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.3) (Bot: Engado: pfl:Troja
m lingua grega
Liña 3:
[[Ficheiro:Corte_Troia-Hissarlik.svg|thumb|right|350px|Corte estratigráfico do xacemento arqueolóxico de Troia/Hissarlik]]
 
'''Troia''' (en [[lingua grega|grego]] ''Τροία'' ou ''Τροίας''; tamén chamada '''Ilión''', en grego ''Ίλιον'' ou ''Ίλιος'' e '''[[Wilusha]]''' en hitita) é unha cidade tanto histórica como lendaria, onde se desenvolveu a [[Guerra de Troia]], descrita na ''[[Ilíada]]'', un [[epopea|poema épico]] da [[Antiga Grecia]]. A autoría do dito poema atribúese ao poeta [[Homero]], quen o compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na ''[[Odisea]]''. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano [[Virxilio]] na ''[[Eneida]].
 
A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos [[Escamandro]] (ou Xanto) e [[Simois]], e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao [[Mar Negro]] ([[Ponto Euxino]]).