Seo (anatomía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BOTarate (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (bot Engadido: kk:Емшек
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 93:
No leite materno hai numerosos nutrientes, así como [[proteína]]s, [[aminoácido]]s, [[vitamina]]s e [[mineral|minerais]] esenciais, ademais de encontrarse unhas potentes [[inmunoglobulina]]s tipo IgA que actúan como anticorpos proporcionando ao neonato unha importante protección ante potenciais infeccións. As fórmulas lácteas elaboradas a partir do leite de vaca carecen deste compoñente, e aínda que recentemente algúns laboratorios (tal é o caso de Bayer) indican que a gammaglobulina (ou inmunoglobulina) IgA se conserva en microfragmentos dentro da fórmula, esta non é aproveitada polo ser humano debido á súa estrutura molecular ligada a certos elos de aminoácidos que o organismo humano non pode recoñecer e que incluso certos individuos poden rechazar. Esta é unha das razóns polas que se recomenda a lactancia materna durante o primeiro ano de vida, como mínimo. Incluso a [[Organización Mundial da Saúde]] suxire aleitar seis meses con lactancia exclusiva (só leite materno, sen auga, infusións ou fórmulas lácteas [[vaca|bovinas]] ou [[cabra|caprinas]]) e continuar lactando polo menos até os dous anos complementando con sólidos a alimentación do neonato.
 
A [[Psiquiatría]] estuda a maneira en que a lactancia materna reforza de xeito particular o vínculo emocional na relación [[nai]]–[[fillo]] dunha forma tan sólida como primaria, o que proporciona unha satisfacción particular a ambos, desenvolvendo no neonato o afecto humano. De feito, algunhas nais prolongan a lactancia do seu fillo durante dous anos ou máis, aínda a pesar de que o meniño tome xa unha alimentación moi variada e completa. En teoría, a prolongación da lactancia ten tamén a consecuencia de manter elevados os niveis de [[prolactina]] no sangue da nai, o que impide que se produza unha secreción adecuada de hormona folículo estimulante [[FSH]] e luteínica [[LH]], co que se inhibe a [[ovulación]]. Este retraso ao retorno da fertilidade deu lugar a un método de anticoncepción chamado MELA, que podería servir durante os primeiros seis meses de vida do bebé. Non obstante, a lactancia como tal non é eficaz como [[método anticonceptivo]].
 
Pódese inducir a lactancia nunha muller que non estivese embarazada<ref>[http://www.fourfriends.com/abrw/ http://www.fourfriends.com/abrw/] ''Fourfriends.com''</ref>, e neste caso non se encontraron diferenzas nutricionais entre o leite materno inducido ou o resultante dun embarazo.