Diferenzas entre revisións de «Escola de Tradutores de Toledo»

sen resumo de edición
m (Escola de Tradutores de Toledo – Escuela de Traductores de Toledo movida a Escola de Tradutores de Toledo)
No [[século XII]] a «Escola de tradutores de Toledo» verteu principalmente textos filosóficos e teolóxicos (Domingo Gundisalvo interpretaba e escribía en latín os comentario de [[Aristóteles]] que o xudeu converso Juan Hispano lle traducía ao español, no que se entendían). Na primeira metade do [[século XIII]] esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando [[Fernando III de Castela|Fernando III]], rei de [[Castela]] e de [[Reino de León|León]], compúxose o ''«Libro dos Doce Sabios»'' ([[1237]]), resumo de sabedoría política e moral clásica pasada por mans «orientais». Na segunda metade do [[século XIII]] o Sabio rei-emperador [[Afonso X]] (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira «''Crónica Xeral de España''») institucionalizou en certa maneira en Toledo esta «Escola de tradutores», centrada sobre todo en verter textos [[Astronomía|astronómicos]] e médicos.
 
Por iso é grave anacronismo atribuír só a «Escola de tradutores de Toledo» ao período afonsí: Como se explica a posibilidade dun [[Tomé de Aquino|San Tomás de Aquino]] sen o labor reallizado polos «tradutores» españois do [[século XII]]?
 
Tamén se incorre en confusión ao querer equiparar traducións realizadas noutros lugares ao núcleo vertebrador triunfante que representa Toledo. Sería ridículo supor que toda a traslación do legado clásico alexandrino pasara por mans «toledás», pois mecanismos similares producíronse noutros sitios, mais disolver o significado e a importancia da tarefa realizada en Toledo só pode entenderse desde unha vontade anacrónica de exaltar certas independencias culturais de moita menor influencia, e en todo caso incomparábeis ao curso triunfante que callou en Toledo, momento importante da consolidación e expansión definitiva da lingua española.
195

edicións