Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
El termino ión outorgado por Faraday a estas especies químicas provén do [[lingua grega|grego]] ''ἰόν = ion'', que significa "'''o que vai'''".
'''Anión''' significaría: "o que vai cara arriba". '''Catión''': "o que vai cara abaixo". '''Ánodo''': "o camiño cara arriba". '''Cátodo''': "o camiño cara abaixo". (''odos'': camiño, vía).
 
==Formación dos ións==
Cando un átomo de sodio perde un electrón da lugar ó ión (catión) sodio:
:Na Na<sup>+</sup> + 1 e1e<sup>−</sup>
 
Cando un átomo de cloro gaña un electrón da lugar o ión (anión) cloruro:
:Cl + 1 e1e<sup>−</sup> Cl<sup>−</sup>
 
A rotura ou disociación de moléculas tamén pode dar lugar a ións:
:HCl → H<sup>+</sup> + Cl<sup>−</sup>
 
A adición dun ión a unha molécula é un mecanismo habitual de formación de ións poliatómicos:
:H<sup>+</sup> + NH<sub>3</sub> → NH<sub>4</sub><sup>+</sup>
 
Neste último caso a formación do ión non é debida a ganancia ou perda de electróns por parte do amoníaco( (NH<sub>3</sub> ), senón a ganancia dun protón por parte do mesmo. O amoníaco e o ión amonio (NH<sub>4</sub><sup>+</sup>) teñen o mesmo número de electróns, unha capa completa, o que os fai particularmente estables, e diferéncianse no úmero de protóns, tendo o ión amonio un protón máis que electróns o que lle outorga unha carga neta positiva.
 
==Enerxía de ionización==
A [[enerxía]] necesaria para separar completamente o electrón máis debilmente unido ó resto do átomo, no seu estado fundamental, e de tal xeito que no electrón arrincado non quede ningunha enerxía residual (nin [[enerxía potencial|potencial]] nin [[enerxía cinética|cinética]]) denomináselle primeira [[enerxía de ionización]] e o [[potencial eléctrico]] equivalente (é dicir, a enerxía dividida pola carga do electrón) coñecese como o potencial de ionización. Estes termos tamén se empregan para describir a ionización das [[molécula]]s , pero os valores non son constantes debido a que a ionización pode estar afectada por factores como a [[temperatura]], a [[química]] e a [[xeometría]] superficial, se se trata dun sólido.
 
A unidade do sistema internacional de unidades, ([[SI]] ), para a enerxía de ionización é o J/mol, aínda que se usa con máis frecuencia o kJ/mol, cando se refire a cantidades molares y o eV ([[electrón-voltio]]) cando se refire a átomos individuais.
 
==Clases de ións==
 
===Outros ións===
*'''[[Dianión]]''': unUn dianión é unha especie que ten dúas cargas negativas, separadas, sobre ela. Por exemplo: o dianión do [[pentaleno]], que é un [[hidrocarburo aromático]].
*'''[[Zwitterión]]''': Un Zwitterión é un ión con unha carga neta igual a cero pero que presenta dúas cargas illadas sobre a mesma especie, unha negativa e outra positiva.
*'''[[Radicais iónicos]]''': Son ións que teñen un número irregular de electróns e presentan unha forte inestabilidade e reactividade.
29.647

edicións