Carbonífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 26:
 
==Características==
Este período transcorreu entre hai uns 361 e 290 millóns de anos. No carbonífero os [[dinosauro]]s, os [[mamífero]]s e as [[aveaves]]s aínda non existían. As [[planta]]s que evitaban a terra eran grandes ''equisetos'', antigos parentes de pequenas plantas como os fentos de hoxe en día. Neste período formáronse numerosos [[delta]]s, especialmente en Europa e en América. As vastas cordilleiras que formaran durante o [[Devónico]] comezan a desgastarse pola acción do vento e da chuvia. As [[rocha]]s eran trituradas ata formar unha area fina chamada [[limo]], que se acumulaba cando a auga que as transportaba chegaba ó [[mar]]. Esta terra húmida e pantanosa atopábanse en tupidas [[selva]]s.
 
Este intervalo de tempo coñécese tamén como a '''[[Anfibios|era dos anfibios]]''', pois as condicións eran as axeitadas para eles. Había moita auga onde podían desovar, pero non podían poñer os ovos no medio terrestre. Ó desenrolar as criaturas [[ovo]]s con [[casca]] solucionouse o problema anterior do desove exclusivo no medio acuático, que permitiu nacer en terra as crías. Foi cando no carbonífero apareceron os primeiros [[réptiles]] a partir dun grupo de anfibios e con eles levouse a cabo a definitiva conquista do medio terrestre. A partir deste momento comeza o '''[[Dinosauro|auxe dos dinosauros]]'''. O carbonífero'' contemplou a evolución dos primeiros réptiles, antepasados tanto dos dinosauros como dos mamíferos. Outros animais máis pequenos vivían tamén no solo do bosque; estes animais pequenos parecíanse moito ás lagartas.