Gregorio de Nisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
==Traxectoria==
 
Estudou [[filosofía]] e [[retórica]]. Adicouse ao ensino e á retórica e estivo casado con Teosebia, unha muller de alta cultura espiritual. Foi elixido bispo de Nisa contra o seu desexo, máis proclive á meditación, a ascese e o estudo. Porén, como pastor do seu pobo, atento ás necesidades de todos, preocupado pola formación correcta dos catequistas e defensor dos marxinados e dos pobres, acadou unha alta estima.
 
Enleado nas disputas dogmáticas do momento, salientou a súa influencia no [[Concilio de Constantinopla]] do ano [[381]] onde, xunto con [[Gregorio Nacianceno]], defendeu a divindade do Fillo e do [[Espírito Santo]], fronte aos pensadores de influídos polo [[arianismo]]. Defendeu tamén a natureza humana de [[Xesús de Nazaret]] posta en dúbida por [[Apolinar]].
 
Estas rivalidades exacerbaron as acusacións e as aldraxes contra el por parte dos seus adversarios con influencias na Corte do Emperador [[Valente]]. De feito, tivo que abandonar a súa sé por mor de imputacións de malversación e mala administración. Cando volveu rehabilitado, o seu pobo acolleuno con ledicia. Posteriormente, foi nomeado bispo da diocese de [[Ponto]]. Sábese que viaxou por [[Arabia]] e que visitou [[Xerusalén]] así como que evitou a súa elección como bispo de Sebaste
 
Descoñécese a data exacta do seu pasamento.