Spirit (robot MER-A): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ro:Vehiculul spațial Spirit
m →‎Anomalía no uso da memoria flash: memoria de acceso aleatorio
Liña 35:
O [[21 de xaneiro]] de [[2004]](sol 18), o '''Spirit''' mentres se preparaba para analizar a roca Adirondack deixou de pronto de comunicarse co mando operativo da misión. Ó día seguinte o robot transmitiu por radio un sinal a 7,8 bit/s, confirmando que recibira unha transmisión da Terra, pero indicou que a nave espacial estaba nun modo seguro. Isto foi descrito como unha anomalía recuperable, se fose un problema de software ou un problema moi serio se fose un problema de hardware de corrupción de memoria. Ordenaron ó robot que transmitise datos de enxeñaría, e o [[23 de xaneiro]] de [[2004]] enviou algunhas restras de bits antes de transmitir 73 megabits por medio da banda X da Mars Odyssey. Isto fixo pensar en dificultades coa antena de alta ganancia do robot. O robot desde mércores fora repetidamente rearrincado e cargárase o software do voo, co fin de que funcionase ben.
 
O [[24 de xaneiro]] de [[2004]] o equipo de reparación do Spirit anunciou que o problema era do software que manexa a memoria flash e volveron escribir o programa do '''Spirit '''. O robot púxose no en funcionamento correcto, cando se lle arrincou usando só a memoria [[memoria de acceso aleatorio|memoria RAM]] (a que utilizan os ordenadores persoais) en lugar da memoria flash. Neste modo, o robot obedeceu as ordes de comunicar e entrar no modo descanso. O '''Spirit ''' transmitiu con éxito durante case unha hora 120 bits de datos por segundo (moi afastada á velocidade normal que é de 11000 bits por segundo). Críase de feito que o hardware do flash estaba traballando correctamente pero o módulo da administración de arquivos no software non era abondo robusto para o funcionamento normal do '' Spirit ''. O problema ocorreu por un erro do software, non por un hardware defectuoso. Os robots teñen unha memoria flash similar á que levan as cámaras de fotos dixitais e os ordenadores cunha capacidade de 256 Mbytes e nela gárdanse ordes diarias de traballo e os resultados científicos ata que se transmiten á Terra. O robot pode funcionar só coa memoria RAM pero necesitaría mandar á Terra cada día toda a información conseguida. Porén esta memoria debe estar protexida da radiación existente na superficie de Marte. Ademais os robots teñen unha memoria [[EEPROM]] permanente onde se almacena o programa da misión. Esta memoria parece non estar afectada.
 
Os enxeñeiros indicaron que creran inicialmente que este era un problema serio, pero a NASA descubriu que era un problema relativamente menor causado porque había demasiados arquivos abertos. A maioría destes arquivos tiña datos necesarios durante o voo pero agora eran innecesarios. Tras comprender a situación, os enxeñeiros borraron algúns arquivos, e preparáronse para reformatear totalmente o sistema. O [[6 de febreiro]] (Sol 33), o robot restaurouse á súa condición activa orixinal, e reiniciáronse as actividades científicas.