Suxi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Суши
m →‎Etimoloxía: cloruro de sodio
Liña 17:
O nome [[lingua xaponesa|xaponés]] ''sushi'' escríbese con [[kanji]] (caracteres de orixe [[China|chinesa]]) debido a que orixinalmente era un antergo prato chinés. O kanji 鮨 está voncellado co "[[adobo]] de peixe salgado". A primeira mención de 鮨 apareceu no antigo [[dicionario]] ''[[Erya]]'' (爾雅), escrito entre os séculos [[século -IV|IV adC]] e [[século -III|III adC]] Nela explícase que "魚謂之鮨 肉謂之醢", traducido como "aqueles feitos con peixe (son chamados) 鮨, aqueles feitos con carne (son chamados) 醢". O 醢 é un [[mollo]] feito de [[porco]] picado e o 鮨 é un mollo feito de peixe picado. Crese que o caracter 鮨 debe ter unha orixe máis temperá no entando que o caracter 鮨 non está vencellado co [[arroz]].
 
Cinco séculos despois, no [[século II]], outro caracter comezou a ser empregado para referirse ao ''sushi'' 鮓, aparecendo noutro dicionario chinés que dicía: "鮓滓也 以塩米醸之加葅 熟而食之也", traducido como "鮓滓 é unha comida onde o peixe é sazonado con arroz e [[cloruro de sodio|sal]] e que se come cando está listo". Esta comida crese que é semellante ao ''narezushi'' ou ao ''funazushi'', no que o peixe fermenta durante longo tempo xunto co arroz e cómese tras separalo do arroz.
 
No [[século III]], o significado dos dous caracteres confundiuse e durante un tempo cando os dous caracteres foron implantados no Xapón, os mesmos chineses non eran quen de diferencialos. Os chineses deixaron de empregar o arroz como parte do proceso de fermentación e deixaron de comer peixe adobado. Durante a [[dinastía Ming]], tanto 鮨 como 鮓 desapareceron da [[gastronomía de China]].