Éxodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: rm:Seguond cudesch da Moses
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 12:
== A xuventude de Moisés ==
 
Os servos do Faraón entraron en tódalas casas do pobo hebreo, matando a todo fillo varónhome das familias dese pobo. Un só neno, que sería Moisés, sobreviviu a esa matanza, pois foi ocultado durante tres meses para impedir que fose exterminado coma os demais nenos da súa xeración. Como a súa nai non puido ocultalo máis tempo, calafateou unha cesta de [[papiro]], meteu nela ó neno e colocouna nun xuncal do [[Nilo]].
 
A corrente do río leva ó pequeno Moisés ata o lugar onde se estaba bañando a filla do Faraón en compaña das súas doncelas. A filla do Faraón atopa o neno, e tras comprobar que é hebreo, compadécese del e decide coidalo. A ama de cría que encontra é a propia nai do neno, á que lle da un salario a cambio de aleitalo. Cando Moisés medra, a súa nai dállo á filla do Faraón. É agora cando a Moisés lle é dado o seu nome, que significa ''chegado das augas''.