Ricardo I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:I Riçard
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 5:
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Ricardo foi o terceiro fillo varónhome de [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]]. Aínda que naceu no [[Palacio de Beaumont]], en [[Oxford]], [[Inglaterra]], foi esencialmente [[francés]], ó igual que a maior parte da familia real. Tras a separación dos seus pais permaneceu coa súa nai e recibiu o título de [[duque]] de Aquitania en [[1168]] e conde de [[Poitiers]] en [[1172]]. Mentres, o seu irmán [[Henrique o Mozo|Henrique]] foi coroado como ''segundo'' rei de Inglaterra, ao servizo do seu pai.
 
Ricardo foi un home de moi boa educación. Escribiu poesía tanto en francés e [[occitano]]. Dicíase del que era moi atractivo, con cabelos rubios e loiros, ollos claros e complexión pálida, aínda que esta descrición debe tomarse con cautela ó non ser contemporánea nin por corresponder coa imaxe da súa efixie en [[Fontevraud]]. Aparentemente tiña unha estatura maior ca do promedio, pero dado que o seu corpo se perdeu durante a [[Revolución Francesa]], non se coñece a súa estatura exacta.