Lista de reis de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Titulatura rexia: nomes correctos
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 282:
(<sup>4</sup>) Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en [[1580]], malia que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en [[1581]], coas [[Cortes de Tomar]], tornouse Rei de Portugal ''de iure'', e apenas en [[1583]] conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato.<!--É curioso notar inclusive que unha das parcelas do territorio portugués xamais recoñeceu a soberanía dos reis Habsburgo, Macau, que apenas voltou á obediencia dos soberanos portugueses con D. Xoán IV-->
 
(<sup>5</sup>) Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de [[María II de Portugal|D. María II]], para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, ‘‘Bragança-Wettin’‘), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, logrando así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Porén, aínda que a liña de sucesión proseguiu en liña recta, polo casamento da Raíña D. María II cun príncipe estranxeiro ([[Fernando II de Portugal|D. Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha]]), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de [[Afonso I de Portugal|D. Afonso Henriques]], mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, [[María I de Portugal|D. María I]], casara co tío [[Pedro III de Portugal|D. Pedro III]], polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos ''Bragança''. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro varónhome na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de ''Bragança-Wettin'', a cal comprendería os reis entre [[Pedro V de Portugal|D. Pedro V]] e [[Manuel II de Portugal|D. Manuel II]]. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, dado a legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data.
 
(<sup>6</sup>) O herdeiro do trono, [[Luís Filipe, Duque de Braganza|D. Luís Filipe, Príncipe Real de Portugal]], aínda que sobrevivise escasos minutos ao seu pai, non foi nunca considerado como rei de Portugal (aínda que fose chamado, por algúns estranxeiros, de ''D. Luís II''); nin o podería ser, pois en Portugal só eran considerados reis "de iure" os príncipes após xuraren os foros, liberdades e garantías no acto da súa aclamación ao trono (até [[1834]]), ou de xuraren a Constitución (despois daquela data), en sesión solemne e plenaria das [[Cortes]]. Desta forma, o trono recaeu de inmediato no seu irmán máis novo, D. Manuel II, logo de ser xuramentado.