Hirohito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ne:हिरोहितो
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 8:
 
== Ata o acceso ao trono ==
O príncipe Hirohito naceu o [[29 de abril]] de [[1901]] no pazo Aoyama en [[Toquio]]. Era o primeiro fillo do príncipe herdeiro Yoshihito (futuro emperador Taishō) e da princesa Sadako. Será o primeiro emperador nun centenar de anos do que a súa nai biolóxica era a vez a esposa oficial do seu predecesor. O seu nome persoal, Hirohito, está composto de ''[[kanji]]'' (裕仁) « riqueza, abundancia, fertilidade » e « virtude » ; o segundo carácter, ''hito'' entra na composición do nome de practicamente todos os nenos varónshomes da familia imperial xaponesa desde {{ século XI}}. Hirohito na mocidade levou o título de príncipe Michi ''(Michi no Miya)''.
 
A morte do [[emperador Meiji]] o 30 de xullo de [[1912]] converteuno no herdeiro da coroa, sendo formalmente investido como tal o 2 de novembro de [[1916]]. Hirohito pasou a ser rexente do Xapón o 29 de novembro de [[1921]] a raíz dos problemas de saúde do seu pai. O [[26 de xaneiro]] de [[1924]], casou con Kuni Nagako (emperatriz [[Kōjun]]). O mesmo ano, emprendeu unha viaxe de seis meses por Europa, primeiro por parte dun príncipe imperial nipón, no que visitou especialmente o [[Reino Unido]], [[Francia - France|Francia]], [[Italia]], o [[Vaticano]], os [[Holanda|Países Baixos]] e máis [[Bélxica]].