Hattusilis I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eo:Ĥattusili la 1-a
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 1:
'''Hattusilis I''' ou '''Labarnas II''' (Labarnaš II Hattusiliš I) foi rei dos [[hititas]] sobre o [[-1650]] a [[-1620]]. Suponse que era fillo de [[Papahdilmah]] (ou dun irmán deste, tamén desherdado) xa lle chaman "fillo dun irmán de Tawananna"; a herdanza transmitíase de pai a fillo e de máis vello a máis novo, pero, cando non había sucesión, esta seguía polo fillo varónhome máis vello da irmá; neste caso é preciso supoñer que Tawananna, que era a herdeira principal polo seu pai, non tivo fillos, e, xa que logo, a herdanza pasou ao sobriño; Papahdilmah é o único irmán coñecido da raíña, pero case seguro de que había máis, e polo tanto o pai de Hattusilis non está determinado.
 
O seu nome quería dicir "O home de Hattusa". O seu título foi Gran rei, rei de [[Hatti]], señor de [[Kushara]], e Sol meu. [[Labarnas]] foi o seu nome de reinado e o título. A súa muller foi Kaddusis (Kaddušeš). coñécenselle algúns fillos: Huzziyas, gobernador de [[Tappasanda]] (Tappaššanda), que foi deposto por rebelarse contra o pai; Labarnas ou Labarnaš (fillo dunha irmá pero adoptado por Hattusilis); a filla Hastayar, que foi a nai de [[Mursilis I]]; e outra filla de nome descoñecido.