103.099
edicións
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sl:Konstancij II.) |
m (substituíndo varón (vara grande) por home) |
||
'''Constancio II''' ([[317]] - [[3 de novembro]] de [[361]]) foi [[emperadores romanos|emperador]] romano desde [[337]] ata a súa morte.
Era o segundo fillo do anterior emperador, [[Constantino I o Grande|Constantino I]] o Grande e da súa segunda muller, [[Fausta]]. Naceu en [[Illyricum]] (actualmente en [[Hungría]]) e foi nomeado [[César]]. Cando o seu pai morreu, en [[337]], eliminou a todos os descendentes de [[Constancio I]] Cloro e de [[Teodora]], quedando como únicos familiares
Este reparto modificouse en [[340]], cando Constantino II morreu tratando de derrocar a Constante en Italia, e este quedou como único soberano da parte occidental do Imperio. Outro cambio na división produciuse en [[350]], ano en que Constante foi morto en batalla fronte ás tropas do usurpador [[Magnencio]]. Ata entón Constancio só se preocupou de loitar contra o [[Imperio Persa]], pero o desenvolvemento dos acontecementos fíxolle elevar ao seu primo [[Galo]] a César e colaborador seu, para poder prestarlle máis atención á insurrección.
En [[351]] Constancio derrotou a Magnencio na batalla de Mursa Major, unha das máis sanguentas da historia de Roma. Magnencio suicidouse en [[353]], e pouco despois, ao non serlle xa útil, Constancio ordenou a morte do seu primo Galo.
Tal como estaba a situación, Constancio deuse conta de que non podía facer fronte por si so a todas as frontes abertas nas fronteiras do Imperio, tanto en Oriente como en Occidente, polo que nomeou césar a [[Xuliano]], o único familiar seu
Constancio tomou parte activa no desenvolvemento da Igrexa Cristiá, apoiando en gran parte o punto de vista arriano.
|