Casa de Tudor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 13:
A dinastía Tudor empezou co matrimonio secreto entre Owen Tudor (un pro-inglés de ''Owain ap Maredudd ap Tudur''), descendente de Ednyfed Fychan, poderoso [[senescal]] do reino de [[Gwynedd]] en tempos de [[Llywelyn o Grande]]; e [[Catarina de Valois (1401-1437)|Catarina de Valois]] viúva do rei [[Henrique V de Inglaterra]]. Ela adquiriu o seu poder cando Henrique Tudor, se converteu en rei de Inglaterra baixo o nome de [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]]. Henrique Tudor, pola súa nai, unha [[Casa de Plantagenet|Plantagenet]], descendía do rei [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]]; ademais el casou en [[1486]] coa filla maior do rei [[Eduardo IV de Inglaterra|Eduardo IV]], [[Isabel de York|Isabel Plantagenet]].
 
Henrique VII fixo desaparecer en 1499 ao conde de Warwick, Eduardo (1475-1499), último descendente varónhome da casa Plantagenet. O reinado da dinastía acabouse cando a raíña [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] morreu sen descendencia.
 
A sucesión de Isabel I recaeu no seu curmán o rei [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe VI de Escocia]] que reinou tamén como Xacobe I de Inglaterra. Xacobe era bisneto de [[Margarida Tudor]], que era filla de Henrique VII. Converteuse no primeiro representante da [[Casa de Estuardo]] dos reis de Inglaterra.