Caccón e Tasón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Tasso de Friuli
m substituíndo varón (vara grande) por home
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Caccón e Tasón eran os fillos máis vellos do duque [[Xisulfo II de Friúl]] e de [[Romilda (duquesa)|Romilda]], aínda adolescentes cando o pai cae en batalla contra os [[ávaros]] e a nai comete traizón, entregando aos inimigos a capital [[Cividale]] que ata entón resistira o cerco. Feitos prisioneiros, leváronos como a todos os [[longobardos]] capturados polos ávaros a [[Pannonia]]; xuntos na terra que deixara o seu pobo nos tempos de [[Alboíno]], coñeceron a intención dos seus inimigos de mataren todos os varónshomes maiores de idade, tras térense repartido as mulleres e os nenos como escravos. Caccón, Tasón e o meirande dos seus irmáns aínda nenos, [[Radoaldo de Benevento|Radoaldo]], tentaron a fuga dacabalo. un deles temía que o seu irmán máis novo, [[Grimoaldo I de Benevento|Grimoaldo]], non estivese en condicións de aguantar a cabalgada e propuxo matalo, afirmando "que era mellor para el morrer pola espada que soportar o xugo da catividade"<ref>[[Paulo Diácono]], ''[[Historia Langobardorum]]'', [[s:la:Historia Langobardorum - Liber IV|IV]], 37 melius ducens eundem gladio perimere quam captivitatis iugum sustinere </ref>. O pequeno Grimoaldo, en cambio, convenceuno para que desistise, demostrándolle que sabía cabalgar. Capturado novamente, deu matado o seu carcereiro e reuniuse cos seus irmáns.
Caccón e Tasón asumiron o goberno do ducado e expandírono a conta dos [[eslavos]], que desde entón ficaron obrigados ata os tempos de [[Rachis]] a pagaren un tributo aos longobardos. os dous irmáns caeron nunha emboscada tendida na cidade de [[Oderzo]] polo [[Imperio bizantino|bizantino]] Gregorio. Este prometéralle a Tasón adoptalo como fillo, co rito do corte da barba<ref>O uso do corte da barba era moi sentida na sociedade longobarda, en canto que significaba idealmente o paso dos xoves á idade adulta; deste costume derivan os dous termos en [[lingua véneta]] ''tosàt'' e ''tosa'', que significan respectivamente ''rapaz'' e ''rapaza''.</ref>; o duque alcanzouno co seu irmán e unha pequena escolta. nada máis chegaren a Oderzo, Gregorio fixo pechar a s portas da cidade e enviou os seus soldados contra os longobardos. os irmáns comprenderon inmediatamente a situación, preparáronse a combater e déronse o bico da paz e os último saúdo. Dispersáronse pola rúas, matando calquera que lles saíse por diante e, escribe Paulo Diácono, "facendo gran masacre dos romanos; mais ao final tamén eles foron mortos"<ref>[[Paulo Diácono]], ''[[Historia Langobardorum]]'', [[s:la:Historia Langobardorum - Liber IV|IV]], 38</ref>. Porén Gregorio mantén a súa promesa: ordenou que lle levasen a cabeza de Tasón e cortoulle a barba.