Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

m
substituíndo varón (vara grande) por home
m (Eliminouse a referencia ó ficheiro "Time-1953-08-24.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Time-1953-08-24.jpg)
m (substituíndo varón (vara grande) por home)
Na esfera científica criticouse ademais a metodoloxía empregada para obter os resultados. Por un lado, negouse a veracidade estatística dos resultados. A maior crítica ó seu traballo vén dun concepto chamado "autoselección". Un dos elementos máis importantes para a neutralidade dun estudo estatístico é a selección da mostra. No estudo de Kinsey as persoas que contestaban a súa enquisa facíano voluntariamente, é dicir, autoseleccionábanse. Debido ó tema, arrodeado de tabús, era moi fácil que as persoas dispostas a falar de sexo fosen precisamente aquelas que vivían unha sexualidade máis complexa, activa ou enfermiza.
 
Ademais, Kinsey, probablemente pola súa propia extracción social, tendeu a escoller varónshomes de raza branca, clase media e formación alta. Estes constituíron o núcleo principal da súa investigación. Frecuentou tamén os presidios nun intento de incluír suxeitos de clases máis baixo, pero evidentemente a poboación reclusa forma unha clase social aparte en nada representativa das clases sociais baixas. Por outro lado, non puido apenas conseguir entrevistas que abranguesen a grupos raciais non brancos. Por outro lado, tamén se alegou que Kinsey se deixou levar polos ambientes sexuais máis sórdidos tendendo a sobrevalorar a incidencia do adulterio, a homosexualidade, a pederastia ou a prostitución.
 
==''Sexual Behavior in the Human Female''==
 
# O 37 % dos homes entrevistados experimentaron algunha vez un [[orgasmo]] homosexual a partires da [[adolescencia]].
# O 13 % dos varónshomes sentiron desexos homosexuais, sen que se producise por iso contacto físico algún.
# O 25 % deles tiveron experiencias homosexuais non incidentais entre as idades de 16 a 55 anos.
# O 18 % mantiveron igual número de relacións heterosexuais que homosexuais durante un período mínimo de 3 anos, entre as idades de 16 a 55 anos.
Estes resultados, levaron a Kinsey a confeccionar a ''[[Escala de Kinsey]]'' sobre a heterosexualidade-homosexualidade, onde o grao 0 manifestaba unha heterosexualidade completa e o 6 unha homosexualidade exclusiva e dominante. Aínda así, o seu estudo amosa que a maioría das persoas atopábanse dentro do número 1 ou 2 na súa escala.
 
As conclusións que se extraen da obra de Kinsey diferían radicalmente a apreciación da homosexualidade como fenómeno minoritario: a metade dos varónshomes da mostra estudada tiveran polo menos unha experiencia homosexual (a nivel físico ou de fantasía), aínda que era moi frecuente que tivesen máis dunha, ou ata unha vida homosexual exclusiva (4%). Xa que logo, este tipo de sexualidade non era excepcional, o que viña indicar que a homosexualidade en si non era un índice de patoloxía mental, como demostrarían posteriormente Churchill en [[1967]], Silverstein en [[1972]] ou Martin e Lyon tamén o mesmo ano, quen argumentan nos seus estudos que a maioría de homosexuais masculinos e femininos identifícanse co seu propio sexo, ao contrario do que a miúdo considérase en canto ao afeminamento do varónhome ou a masculinización da muller.
 
O estudo de Kinsey, recibiu numerosas críticas no que á súa metodoloxía e resultados prefírese, das que destacan as realizadas por German en [[1948]].
103.029

edicións