Zoocoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 24:
[[Ficheiro:Pomegranate_close_up.jpg|thumb|right|240px|'''Endozoocoria'''. Froito aberto de granada mostrando as sementes con sarcotesta carnosa e vermella, destinada a atraer ás aves]]
[[Ficheiro:Acacia_dealbata_seeds.jpg|thumb|right|240px|'''Mirmecocoria'''. Sementes de ''Acacia dealbata'', algunhas portando aínda os elaiosomas que serven de recompensa ás formigas]]
As [[oliveira]]s, por exemplo, deben ser tragadas, antes de xerminar; o que fan aves de tamaño medio como as [[pega]]s. Son abundantes os froitos pequenos de cor máis ou menos intensamente vermello, como as [[cereixa]]s, que deben seguir este tratamento. A súa cor correspóndese precisamente coa máxima sensibilidade do [[ollo]] das [[aveaves]]s, o equivalente do que representa o amarelo na nosa propia visión. Moitos froitos tropicais amarelos ou alaranxados están adaptados a ser devorados por monos. Interprétase de feito que a visión da cor que distingue aos [[primates]] (monos) dos outros mamíferos (que non distinguen as cores) representa un caso de coevolución ou coadaptación dos primates, arborícolas como son, ás árbores das rexións tropicais onde se orixinaron. Outro grupo de mamíferos que, como os primates, é chamado á dispersión é o dos [[macroquiróptero]]s, os chamados raposos voladores, grandes morcegos propios de selvas tropicais que acoden ás flores, actuando tamén como [[polinizador]]es, e aos froitos. Chámase ''[[fruxívoro]]s'' (literalmente comedores de froita) aos animais que presentan esta adaptación.
 
Nas cereixas o cebo forma parte do froito, en concreto do [[mesocarpo]], pero noutras especies pode ser parte directamente da semente, como ocorre na granada, cuxas sementes están dotadas dunha ''sarcotesta'' vistosa e doce.