Diferenzas entre revisións de «Xoana Seymour»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: br:Jane Seymour)
Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron [[Xoán Seymour]] de Wiltshire e [[Margarida Wentworth]]. Logo de servir coma asistente de [[Catarina de Aragón]] e de [[Ana Bolena]], esposas ambas as dúas de [[Henrique VIII de Inglaterra]], Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de [[Ana Bolena]], de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora [[Ana Bolena]], non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o [[30 de maio]] de [[1536]], tan só 11 días despois da execución de [[Ana Bolena]] na [[Torre de Londres]]. Decontado, Xoana ficaría grávida.
 
A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer [[perdiz|perdices]]. O rei ordenaba traelas dende [[Calais]] e [[Flandres]]. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un varónneno, o futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]], o [[12 de outubro]] de [[1537]]. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o [[24 de outubro]] de [[1537]]. Está enterrada no [[Castelo de Windsor]].
 
Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, [[Tomás Seymour|Tomás]] e [[Eduardo Seymour|Eduardo]], abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, [[Catarina Parr]] (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.
197.004

edicións