Estrixiformes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixo homónimos
Liña 17:
== Características ==
 
Os dedos tenden nas estrixiformes a separarse dúas a dúas, e o [[bico]], coma nos [[papagaiospapagaio]]s, é moi ganchudo e presenta a base cuberta por unha cera. Os caracteres distintivos da orde están principalmente nos [[ollo]]s e nos [[oído]]s. Aqueles son moi grandes e no canto de estar situados aos lados da cabeza, áchanse orientados cara a adiante, como entre os [[mamíferos]] acontece cos [[primates]], e cada un deles está rodeado por un gran disco de [[pluma]]s, o ''disco facial'', limitado por unha circunferencia de plumas pequenas, duras e rizadas. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que virar toda a súa cabeza para ver cara a outra dirección. Son [[hipermetropía|hipermétropes]] e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Con todo, a súa visión, particularmente en luz baixa, é excelente.
 
En canto aos [[oído]]s, son moi grandes e presentan no exterior notables repregamentos de [[pel]], coma se tendesen a formar unha orella, coa particularidade de que esta ofrece a cada lado, na maior parte dos casos, formas distintas. Este carácter non se nota a primeira ollada por estar ocultos os oídos baixo plumas; pero é curioso que moitas especies teñen sobre a cabeza unha a xeito de falsas orellas ou corniños, formados por grupos de plumas tesas. A plumaxe destas aves é moi espesa e moi branda, semellandose á das [[avenoiteira]]s, e a maior parte das especies aseméllanse tamén a estes na cor, que é unha mestura de diferentes matices amarelos, avermellados, pardos e negros.