Bhaskara II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma persa > lingua persa
Liña 7:
 
==Lendas==
''Lilavati'', o seu libro sobre aritmética, é a fonte de interesantes lendas que afirman que foi escrito para a súa filla, Lilavati. Nun destes relatos, encontrado nunha tradución [[idiomalingua persa|persa]] de ''Lilavati'', Bhaskara II estudou o horóscopo de Lilavati e predixo que o seu marido morrería pouco despois do matrimonio, se o enlace non sucedía nun momento determinado. Para impedir isto, colocou unha cunca cun pequeno burato na parte inferior dunha vasilla chea de auga, colocada de maneira que a cunca afundiría cando comezase a hora propicia. Puxo o mecanismo nun cuarto cun aviso a Lilavati de que non se acercara ao aparello. Aínda que ela, por curiosidade, foi mirar, coa mala sorte de que unha perla do seu aro do nariz caeu accidentalmente dentro, o que afectou o funcionamento do artefacto. O casamento tivo lugar, por iso, en tempo non propicio, de xeito que Lilavanti quedou viúva axiña. Dise que Bhaskara lle ensinou matemáticas para consolala na súa dor e escribiu ese libro para ela.
 
==Matemáticas==