Constelación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Modifico: be:Сузор'е
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma árabe > lingua árabe
Liña 199:
 
== Os nomes das estrelas dunha constelación ==
Na antigüidade, só unhas poucas estrelas brillantes recibiron nomes propios (incluso algunhas eran consideradas constelacións en si mesmas). Posteriormente, os [[Arabia|árabes]], coa súa dedicación á observación astronómica, asignaron nomes a moitas outras. Na súa gran maioría respondían á posición que corresponde a cada astro dentro da súa constelación. [[Aldebarán]], a estrela máis brillante de [[Taurus]], provén do [[Idiomalingua árabe|árabe]] ''an-Dabarab'' que significa ''o que segue'' (ás [[Pléiades]]). Nesa mesma constelación tamén se atopa Alnath (ou Elnath), do árabe ''an-Nath'' que significa ''(a punta de) o corno''.
 
Ademais dos nomes propios tradicionais (de orixe [[lingua grega|grego]], [[Latín|latino]] ou [[lingua árabe|árabe]]), as estrelas reciben un nome formado por unha letra do [[alfabeto grego]] en minúscula, seguindo en orde decrecente da súa [[magnitude aparente]] (en termos xerais, aínda que a secuencia non se aplica nalgúns casos). Este sistema foi iniciado por [[Johann Bayer]] a comezos de [[século XVII]]. Máis tarde, [[John Flamsteed]] asignou números arábigos para identificar as estrelas de cada constelación. En ámbolos dous sistemas, ás letras ou números segue o xenitivo latino do nome da constelación. Así, Aldebarán e Alnath son tamén coñecidas como Alfa e Beta, Tauri no sistema de Bayer, ou 87 e 112 Tauri no sistema de Flamsteed, respectivamente. Tamén poden recibir outros nomes, dependendo dos diversos catálogos dos que formen parte. De tal forma, unha mesma estrela pode recibir moitas denominacións.