Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Inicio como cantante: Swing (música)
m →‎Traxectoria: radio (medio de comunicación)
Liña 12:
En 1932, a nai de Ella faleceu tras un grave accidente de tráfico. Despois de estar con Da Silva durante un breve tempo, súa tía Virginia fíxose cargo dela. Pouco despois, Da Silva morrería dun ataque cardíaco, polo que Frances tivo que ir tamén vivir con Ella e a súa tía. Este ambiente dramático condicionou o comportamento de Ella, que tivo frecuentes problemas co absentismo escolar e incluso coa policía, o que a levou a ser internada nun reformatorio, de onde tratou de escapar varias veces, así como tamén da súa casa.
 
Xa de meniña gustáballe bailar e cantar nun club escolar e no coro da ''Bethany African Methodist Episcopal Church''. Aprendeu a tocar o [[piano]], escoitaba atentamente a [[radio (medio de comunicación)|radio]] e estudou todas as gravacións que saían de [[Louis Armstrong]] e as [[Boswell Sisters]].
 
En 1932 trasladouse a [[Nova York]] para vivir cun tío, e logo na ''State Training School For Girls'' de [[Nova York]], unha especie de hospicio. En 1934 abandonouno.