Atlántida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Atlantida
Sen resumo de edición
Liña 4:
Orixinalmente mencionada polo filósofo [[Grecia|grego]] [[Platón]] en dous dos seus diálogos (Timeo e Critias), cóntanos que [[Sólon]] no curso das súas viaxes por [[Exipto]] falando cun [[sacerdote]] que vivía en [[Sais]], no [[delta do Nilo]], fálalle dunhas tradicións ancestrais relacionadas cunha guerra perdida nos anais dos tempos entre os [[ateniense]]s e o pobo de Atlantis. Segundo o sacerdote, o pobo de atlantis (ou Atlántida) viviría nunha illa localizada para alén dos piares de [[Heracles]], onde o [[Mediterráneo]] terminaba e o [[Océano]] comezaba.
Segundo a [[mitoloxía grega]] a Atlántida formaba parte do reino de [[Poseidón]], Deus dos mares, e nas nas montañas do centro da illa vivía unha rapaza orfa de nome [[Clito]], da que Poseidon se apaixonou e para poder cohabitar con ela formou unha barreira constituída por unha serie de murallas de auga e fosos acuíferos arredor da vivenda da súa amada. Deste xeito viviron moitos anos e da súa relación naceron cinco pares de xémeosxemelgos, ao máis vello o deus dos mares deulle o nome de [[Atlas]]. Despois de dividir a illa en dez áreas anelares, deulle a supremacía a Atlas, dedicándolle a montaña de onde Atlas espallaba o seu poder sobre o resto da illa. En cada un dos distritos (aneis terrestres ou cintos), reinaban as monarquías de cada un dos descendentes dos fillos de Clito e Poseidón, estes reuníanse unha vez ao ano no centro da illa, onde se localizaba o palacio central e o templo a Poseidón que tiñan os muros cubertos de ouro. A reunión marcaba o inicio dun festival cerimonioso en que cada un dos monarcas tiña que cazar un touro, para beberen do seu sangue e comeren da súa carne entre críticas e loanzas.
Atlántida sería unha illa de extrema riqueza, quer vexetal e mineral, non só era a illa magnificamente prolífica en depósitos de ouro, prata, cobre, ferro, etc como aínda de orichac, un metal que brillaba como fogo.
Liña 23:
Hai diversas correntes de teóricos sobre onde se situaría Atlántida, e quen sería o seu pobo. A [[lenda]] que postula Atlántida, [[Lemuria]] e [[Mu (continente perdido)|Mu]] como [[continentes perdidos]], ocupados por diferentes [[raza]]s humanas, aínda atopa bastante aceptación popular, sobre todo no medio [[esoterismo|esotérico]]. (Non confundir cos antigos continentes que, de acordo coa teoría da [[placa tectónica|tectónica de placas]] existiron durante a historia da [[Terra]], como a [[Panxea]] e o [[Sahul]]).
 
Algúns teóricos suxiren que Atlántida sería unha illa sobre a [[Dorsal Atlántica]], que fora destruída por movementos bruscos da [[codia terrestre]] naquel local. Esa teoría baseasebaséase en supostas coincidencias, como a construción de templos en forma de [[pirámide]] na [[América]], semellantes ás pirámides de [[Exipto]], feito que podería ser explicado coa existencia dun pobo no medio do océano que separa estas civilizacións, suficientemente avanzado tecnoloxicamente para navegar á [[África]] e á América para dividir os seus coñecimentoscoñecementos. Esta posición xeográfica explicaría a ausencia concreta de vestixios arqueolóxicos sobre este pobo.
 
Algúns estudosos dos escritos de Platón consideran que o continente de Atlántida sería na realidade a propia América, e o seu pobo culturalmente avanzado e cubertos de riquezas sería ou o pobo [[Chavín]], da [[Cordilleira dos Andes]], ou os [[Olmeca]]s da [[América Central]], cuxo uso de ouro e pedras preciosas é confirmado polos [[arqueoloxía|rexistros arqueolóxicos]]. Terremotos, comúns nestas rexións, poderían ter dado fin a estas culturas, ou polo menos poderían telas abalado de forma violenta por un período de tempo.