Ben de Giffen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*escaseza
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara hom.
Liña 1:
Un '''Ben de Giffen''' é un produto que posúe unha curva de [[demanda]] con pendente positiva. Isto significa que a medida que o prezo do [[ben]] aumenta, os consumidores desexarán adquirir unha maior cantidade de dito ben, e cando o prezo de ditos bens comece a descender, quererán adquirir unha cantidade cada vez menor do mesmo.
Se pode discutir a existencia destes bens no mundo real, pero hai un modelo económico que explica como unha cousa así pode existir.
Estes bens reciben o seu nome de [[Robert Giffen]], ao que atribúe esta idea [[Alfred Marshall]] no seu libro ''Principles of Economics''.
 
Para a maioría dos produtos, a [[elasticidade (economía)|elasticidade]] prezo da demanda é negativa. Noutras palabras, prezo e [[demanda]] móvense en dirección contraria; se o prezo sube, a cantidade demandada baixa, e á inversa. Os bens de Giffen son unha excepción a isto. A súa elasticidade prezo da demanda é positiva. Cando o prezo sube a demanda aumenta, e á inversa. Para ser un verdadeiro ben Giffen, o prezo debe ser o único que cambie para obter unha variación na cantidade demandada, quedando os bens de luxo ao marxe.
O exemplo clásico de Marshall é o ben inferior dos alimentos básicos, cuxa demanda ven definida pola pobreza que fai aos seus consumidores non poder consumir comida de mellor calidade. Segundo aumenta o prezo dos alimentos básicos, os consumidores non se poden permitir adquirir outros tipos de alimentos polo que teñen que aumentar o seu consumo de alimentos básicos.