Gasterópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
alfabetizo categoría
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara hom.
Liña 34:
Os '''Gasterópodos''' ('''Gastropoda''' do [[Lingua grega|Grego]] ''gastḗr'', γαστήρ, 'cavidade', 'ventre', e mais ''pod(o)'', ποῦς ποδός, 'pé', latinizado por [[Georges Cuvier|Cuvier]] en [[1795]] como ''Gasteropoda'': 'que teñen o pé no ventre' <ref>[http://www.dicciomed.es/php/diccio.php?id=2211] Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico</ref>) son un grupo de [[animalia|animais]] pertencentes ao [[Filo (bioloxía)|filo]] dos [[molusco]]s que xurdiron a comezos do [[cámbrico]] e que hoxe están estendidos por tódolos [[continente]]s e [[océano]]s ocupando tamén charcas, correntes de [[auga doce]] e lugares onde hai unha cantidade suficiente de [[humidade]].
 
Este filo conten cerca dunhas 15.000 especies [[Fósil|fósiles]] e arredor de 40.000 [[especies]] vivas <ref> Hickman, C.P., Roberts, L. e Larson, A. ''Integrated Principles of Zoology'', 11ª edición. Editorial McGraw-Hill, Nova York (2001) Pax: 333</ref> das cales as máis coñecidas son: as [[bucina]]s, as [[Lapa rústica|lapas]], as [[lesma]]s, as [[Patella intermedia|patelas]], os [[Caracol|caracois]], as [[Lebre de mar|lebres de mar]], os [[caramuxo]]s, as [[orella de mar|peneira]]s, as [[Costureira (zooloxía)|costureiras]], os [[corniño]]s e os [[nudibranquio]]s.
 
Os gasterópodos presentan [[simetría bilateral]], pero na fase de [[larva]] velixer estes animais sofren unha '''torsión''' e a súa masa visceral convertese en asimétrica. O tamaño dos membros deste grupo é moi variable xa que vai dende formas microscópicas ate [[especie]]s de gran tamaño como ''Pleuroploca gigantea'' duns 60 [[centímetro]]s de longo, ou algúns dos individuos do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] [[Aplysia]] que poden chegar a acadar 1 metro de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 [[metro]]s de longo<ref> Hickman, C.P., Roberts, L. e Larson, A. ''Integrated Principles of Zoology'', 11ª edición. Editorial McGraw-Hill, Nova York (2001) Pax: 333</ref>.
Liña 49:
Dun xeito xeral a estrutura da cuncha pódese dividir en 3 capas:
* '''Periostraco''': que é a capa externa e protectora que envolve a cuncha composta por conquiolina e é segregada polo pregue do bordo do manto.
* '''Ostraco''': capa constituída basicamente por dúas capas de [[Cristal|cristais]] prismáticos de [[carbonato cálcico]]. A capa máis externa esta formada por cristais [[Hexágono|hexagonais]] dispostos a modo de [[columna (arquitectura)|columnas]]s sobre unha capa máis interna formada por placas alongadas e dispostas alternativamente para acadar a máxima firmeza.
* '''Hipostraco''': e unha capa formada por múltiples láminas horizontais formadas por [[aragonita]] e tamén por [[calcita]] segregadas polo manto.
 
Liña 73:
Por outra banda, a torsión, tamén supón '''desvantaxes''' como o feito de que o ano é levado xusto enriba da [[cabeza]], co que o animal corre o risco de contaminar os [[Aparato respiratorio|órganos respiratorios]] e algúns dos [[órgano]]s dos sentidos que hai nela.
 
O xiro adoita acontecer en dúas fases: 90 º e 180 º. O xiro completo pode durar uns poucos minutos o máis tempo. Nalgunhas especies como a ''[[orella de mar|peneira]]'' (''Haliotis sp.'') a torsión faise en dous tempos: a primeira parte do xiro acostuma durar tan só uns [[minuto]]s e vai até os 90 º, e logo acontece un segundo xiro moito máis lento ata os 180º <ref>Meglitsch, P.A ''Zoología de invertebrados'', 2ª edición. Ed. Pirámide, Madrid (1986) Pax. 327-331. [[ISBN|ISBN 84-368-0316-7]] </ref> .
 
=== Anatomía interna ===
Liña 89:
==== Aparato dixestivo ====
 
O [[aparato dixestivo]] dos gasterópodos foi, ao longo da súa evolución, adaptándose a diversos tipos de dietas nos diferentes grupos, así temos que existen individuos [[carnǭvorocarnívoro]]s, [[herbívoro]]s, [[preeiro]]s, [[depredador]]es, [[filtrador]]es, e incluso [[parasito]]s.
[[Ficheiro:Radula diagram3.png|thumb|right|200px|Diagrama no que se amosa a rádula en vista transvesal da cavidade bucal dun gasterópodo]]
As partes principais dos sistema dixestivo dos gasterópodos son as seguintes:
* A '''Masamasa bucal''' (incluíndo a [[boca]], [[farinxe]], e os [[músculo]]s retractores da farinxe) e as [[Glándula salivar|glándulas salivares]], cos condutos salivares.
 
* O '''[[esófago]]'''.
Liña 140:
=== Respiración ===
[[Ficheiro:Arion rufus on road.jpg|thumb| O gasterópodo ''Arion rufus'' amosando o '''pneumostoma''']]
Dentro do grupo dos gasterópodos os [[Aparato respiratorio|sistemas respiratorios]] son moi variados sobre todo dependendo de si o [[hábitat (ecoloxía)|hábitat]] do animal e mariño ou terrestre. Así temos que a maioría dos gasterópodos mariños realizan a respiración mediante as [[branquia]]s típicas dos moluscos que levan o nome de '''ctenidios''' (''ctenidium'') situados na cavidade do manto.
Os gasterópodos máis simples (''arqueogasterópodos dibranquios'') teñen dúas branquias pero a medida que van evolucionando van respirando tan só por unha das branquias mediante unha corrente de auga en forma de U que atravesa a cavidade do manto. A tendencia evolutiva é a de redución do ctenidio esquerdo que chega a adherirse a parede do manto (''branquia monopectinada''). A tendencia redutora na branquia continúa ata que desaparecen os filamentos branquiais converténdose a parede do manto nunha especie de [[pulmón]] aéreo ou acuático (como nos ''prosobranquios'' e os ''pulmonados''). No manto aparece un orificio chamado '''pneumostoma''' a traveso do cal sae e entra o aire. Nos ''janélidos'' os pulmóns forman [[traquea]]s que se estenden por todo o corpo para aumentar a eficacia na absorción de osíxeno.