Escola de Tradutores de Toledo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino referencia a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Las Siete Partidas.jpg|thumb|right|340px|Miniatura de ''"Las Siete Partidas"'' que mostra a [[Afonso X o Sabio]] ditando.]]
A denominación '''«Escola de tradutores de Toledo»''' emprégase para designar na historiografía, desde o [[século XIX]], os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos [[Gregolingua grega|greco]]-[[latínlingua latina||latino]]s alexandrinos, que foran vertidos ao [[Lingua árabe|árabe]] ou ao [[lingua hebrea|hebreo]], á lingua latina servíndose do [[romance]] castelán ou [[lingua castelá|español]] como lingua intermedia, ou directamente ás emerxentes «linguas vulgares», principalmente ao castelán. A conquista en [[1085]] de [[Toledo]] e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de [[España]] e logo de todo o occidente cristián.
 
== Historia e características ==
Liña 12:
A partir de [[1085]], ano en que Afonso VI conquistou Toledo, a cidade constituíuse nun importante centro de intercambio cultural. O arcebispo don [[Raimundo Ximénez de Rada]] quixo aproveitar a conxuntura que facía convivir en harmonía a cristiáns, musulmáns e xudeus auspiciando diferentes proxectos de tradución cultural demandados en realidade por todas as cortes da Europa cristiá. Por outra parte, coa fundación dos ''studii'' de Palencia e de Salamanca por [[Afonso VIII]] e [[Afonso IX]], respectivamente, propiciárase xa unha relativa autonomía dos mestres e escolares respecto ás ''scholae'' catedralicias e, en consecuencia, foi establecéndose unha mínima diferenciación profana de coñecementos de tipo preuniversitario, que xa en tempo de [[Fernando III]] vai acercándose á Corte e espera a protección e apoio decidido dun monarca para se consolidar por enteiro. [[Afonso X|Afonso X o Sabio]] impulsou o centro tradutor que existía en Toledo desde a época de Raimundo Ximénez de Rada, que se especializara en obras de astronomía e de leis. Por outra parte, fundou en Sevilla uns ''Studii'' ou Escolas xerais de latín e de arábigo que naceron xa cunha vinculación claramente cortesá. Igualmente, fundou en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático [[Al-Ricotí]]. É así, pois, que non cabe falar dunha Escola de tradutores propiamente dita, e nin sequera exclusivamente en Toledo, senón de varias e en distintos lugares. A tarefa de todas estas escolas foi continua e nutrida polos proxectos de iniciativa rexia que as mantiveron activas polo menos entre 1250 e a morte do monarca en 1284, aínda que a actividade de tradución non se cinxira exclusivamente a esa paréntese.
 
Coñecemos algúns nomes de tradutores: o segoviano [[Domingo Gundisalvo]], que traducía ao latín desde a versión en lingua vulgar do xudeu converso sevillano [[Juan Hispalense]], por exemplo. Grazas ás súas traducións de obras de astronomía e astroloxía e doutros opúsculos de [[Avicena]], [[Algazel]], [[Avicebrón]] e outros, chegaron a Toledo desde toda Europa sabios desexosos de aprender ''in situ'' deses marabillosos libros árabes. Estes empregaban xeralmente como intérprete algún [[mozárabes|mozárabe]] ou xudeu que vertía en lingua vulgar ou en latín bárbaro as obras de [[Avicena]] ou [[Averroes]]. Entre os ingleses que estiveron en Toledo cítanse os nomes de [[Roberto de Retines]], [[Adelardo de Bath]], Alfredo e Daniel de Morlay e [[Miguel Scoto]], a quen serviu de intérprete Andrés o xudeu; italiano foi [[Gerardo de Cremona]], e alemáns [[Hermann o Dálmata]] e [[Hermann o Alemán]]. Grazas a este grupo de autores os coñecementos árabes e algo da sabedoría grega a través destes penetrou no corazón das universidades estranxeiras de Europa. Como froito secundario desa tarefa, a lingua castelá incorporou un numeroso [[léxico]] científico e técnico, frecuentemente [[arabismo]]s, civilizouse, axilizou a súa sintaxe e fíxose apta para a expresión do pensamento, chegando á [[norma]] do chamado "castellano drecho" afonsí.
 
== Véxase tamén ==