Diferenzas entre revisións de «Grafton Elliot Smith»

m
m (Bot: Cambiada Category:Pendente categoría)
'''Grafton Elliot Smith''' ([[Grafton]], [[Nova Gales do Sur]] [[1871]] - [[Londres]] [[1937]]) foi un anatomista [[Australia|australiano]], coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da [[prehistoria]].<br>
Doutorouse en medicina en [[1895]] pola [[Universidade de Sidney]] e interesouse pola anatomía do [[cerebro]] humano. Viaxou a [[Cambridge]] en [[1896]] e catalogou a colección de cerebros humanos do [[British Museum]]. Entre [[1900]] e [[1909]] foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de Medicina de [[Cairo]] e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios x a unha momia.<br>
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a [[Nubia]]. En 1909 de volta ao [[Reino Unido]] foi profesor de anatomía en [[Manchester]], e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] serviu en hospitais militares.<br>
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas. <br>
Smith crçiacría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en [[Exipto]], e cría que de aí se difundira directamente por [[Siria]], [[Creta]], [[África Oriental]], sur de [[Arabia]] e [[Sumeria]], chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura [[Neolítico|neolítica]]
europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo [[Glyn Daniel]] como ''hiperdifusionismo'', cunha intención pexorativa.
 
[[Category:PendenteCategoríapersonalidades da antropoloxía]]
 
[[en:Grafton Elliot Smith]]
19.544

edicións