Carl Gustav Jung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fy:Carl Jung
Calq (conversa | contribucións)
Liña 12:
Jung anhelaba estudar [[arqueoloxía]] na universidade, pero a súa familia carecía de recursos para envialo máis lonxe de [[Basilea]], onde non proporcionaban esa carreira, polo que (contra os desexos da súa contorna) decidiu estudar [[medicina]] na [[Universidade de Basilea]], entre [[1894]] e [[1900]].
 
O estudante, antes introvertido, volveuse moito máis vívido no novo contexto académico. Cara ao final dos seus estudos, as súas lecturas de [[Krafft-Ebing]] persuadírono para especializarse en medicina psiquiátrica. No ano [[1900]], como parte do seu especialización en [[psiquiatría]], asistiu ás clases de Pierre Janet en [[París]]. En [[1902]], colaborou con [[Eugen Bleuler]]: tanto Janet como Bleuler foron pioneiros nesta disciplina. Máis tarde, traballou no Burghölzli, un hospital psiquiátrico en [[Zúric]], que gozaba dunha grande reputación.
 
Sobre a base desta experiencia clínica, Jung deseñou a proba de asociación de palabras que leva o seu nome.<ref>Jung, Carl G. (1910). "The Association Method". ''American Journal of Psychology'', '''31''', 219-69. [http://psychclassics.yorku.ca/Jung/Association Dispoñible en liña]</ref> Xa en [[1905]], foi designado profesor de psiquiatría na Universidade de Zúric, e publicou os dous volumes dedicados ao estudo das asociacións. En [[1906]], redactou e deu a coñecer a súa obra Sobre a Psicoloxía da ''Dementia Praecox'' (en referencia ao que logo coñeceríase como [[esquizofrenia]]), e enviou unha copia do seu libro a Freud, ao que seguiu unha intensa pero conflitiva amizade entre ambos.
 
===Relación con Freud===