Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Hieronymus Bosch- The Seven Deadly Sins and the Four Last Things.JPG|thumb|Os sete pecados capitais ([[Hieronymus Bosch|Bosch]]).]]
'''Pecado''' é, en diversas [[Relixión|relixións]], unha ofensa contra a divindade que vai contra a orde das cousas por ela establecida.
 
Liña 4 ⟶ 5:
No [[xudaísmo]] identifícase cunha traición á Alianza entre o pobo de [[Israel]] e Yavé, cando este, tras liberar a aquel da escravitude de [[Exipto]], dicta a [[Moisés]] a [[Torá]] ou Lei condensada no decálogo prometéndolle felicidade e prosperidade. Nesa mesma relixión, a tradición profética identifica o pecado como a infidelidade á Alianza asimilándoa a unha relación nupcial onde Deus é o amante, fiel e ciumento Esposo e Israel, ao oprimir ao pobre, o orfo, o extranxeiro e a viuva e caer na idolatría, é a Esposa adúltera.
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] o pecado é un acto, intención ou actitude libre do ser humano que supón faltar ao amor para con Deus e para co próximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de [[Deus]] e chamado ao [[Amor]], e atenta contra a solidariedade humana. A raíz do pecado está no corazón do home cuxa natureza caída está ferida polo pecado orixinal que limita e atenaza o amor que reside nel e que é o principio das obras boas.
 
A Igrexa católica distingue dous tipos de pecado: o pecado mortal que destrúe o amor no corazón do home por unha infracción grave con plena conciencia e deliberado consentimento contra a orde querida por Deus, que é Amor. E o pecado venial que fire e debilita o amor pero deixándoo subsistir. O pecado mortal é unha posibilidade radical e dramática da [[liberdade]] do home.