Abadía de Westminster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Támese>Támesis
Liña 4:
 
== Historia ==
De acordo coa tradición, no ano [[616]] fundouse un santuario no lugar coñecido como "Thorney Island". Dise que foi milagrosamente consagrado despois de que un pescador do río [[Támeserío Támesis]] tivera unha visión de [[Simón Pedro|San Pedro]]. Aínda que a existencia do santuario é incerta, a abadía histórica foi construída por [[Eduardo o Confesor]] entre os anos [[1045]] e [[1050]] e foi consagrada o [[28 de decembro]] de [[1065]]. Eduardo construíu a abadía ao faltar a un voto no que prometía realizar unha peregrinación; o [[papa]] aconselloulle redimirse construíndo unha abadía.
 
A abadía orixinal, de estilo [[románico]], foi construída polos monxes bieitos. Reconstruiuse en estilo gótico entre [[1245]] e [[1517]]. A primeira fase da reconstrución foi organizada polo rei [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], como un santuario en honra a Eduardo o Confesor. Os traballos rematáronse durante o reinado de [[Ricardo II de Inglaterra|Ricardo II]]. [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]] engadiu unha capela dedicada á [[Virxe María]] en [[1503]]. A pesar de que a abadía estivo cercada por [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] durante a disolución dos mosteiros en [[1534]] e pechada en [[1540]], en [[1550]] salvouse da destrución grazas á súa conexións coa realeza.