Giralda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 16:
== Precedentes estilísticos ==
A construción da Giralda baseouse no alminar da [[mesquita Kutubia]] de [[Marrakech]] ([[Marrocos]]), tamén construído no [[século XII]], considerado cos seus setenta e nove metros de altura, unha obra mestra da arte hispana-magrebí, consta dunha estrutura moi similar á torre sevillana, segue a forma máis típica dos alminares da escola hispanomarroquí, cun corpo principal de forma [[ortoedro|ortoédrica]] sobre o que se sitúa outro moito máis reducido, a modo de remate. Outra gran mostra de arquitectura moi similar constitúea, a gran [[Torre Hasan]] de [[Rabat]], considerada ''irmá'' da Giralda e cuxo proxecto de construción prevía un altura de sesenta metros, pero as obras interrompéronse cando chegaba aos 44 metros. En ambos os precedentes atópanse os elementos decorativos dos almohades, reproducidos na Giralda, con arcos cegos, lacerías e relevos que se inspiran nos que realizaban os [[seljúcidas]] nesa mesma época na rexión de [[Asia Menor]].<ref>Historia del Arte Salvat (El arte islámico), Salvat editores</ref>
 
== Descrición da torre ==
[[Ficheiro:Detalle giralda 002.jpg|200px|thumb|Imaxe da parte superior da Giralda vista desde o lado norte. En primeiro lugar obsérvase a terraza das azucenas, máis arriba no alzado do corpo do pozo pódese ler a palabra FORTISSIMA, que corresponde á inscrición bíblica que percorre as catro caras da torre.]]
A torre, debido á súa complexa historia, está constituída por varios corpos aínda que perfectamente imbricados, mostrando un exemplo perfecto da riqueza do crisol de culturas existente na cidade. Para a construción do corpo musulmán, tal e como se pode apreciar na súa base, empregáronse os restos dalgúns edificios e sillerías da [[Hispalis]] romana, podéndose atopar neles varios epígrafes en [[latín]].
 
Nos engadidos de estilo renacentista levados a cabo por Hernán Ruiz II, entre 1566 e 1568 distínguense as seguintes partes:
* En primeiro lugar atópase o corpo de campás, levantado entre 1560 e 1562, está rematado coa chamada ''Terraza das Azucenas'', polas catro xarras de azucenas de bronce, unha en cada esquina, obras colocadas orixinalmente en 1751 e restauradas polo ourive [[Fernando Marmolejo Camargo]], coñecido popularmente como "o prioste da Giralda".
* por encima atópase o corpo do reloxo.
* o do Pozo, no friso superior desta área figura unha inscrición bíblica que percorre as catro caras da torre e di "''TURRIS FORTISSIMA NOMEN DNI PROVERB. 18''".
* o de Estrelas, que é o primeiro dos de carácter circular.
* o das Carambolas, chamada así por remátelos pétreos que
* o corpo do penacho ou cúpula
* o cupulín ou esfera de bronce de cor negra sobre a que se asenta a escultura do catavento, é coñecida co nome da "tinaja", ten 1,45 metros de diámetro
* o catavento que representa a vitoria da Fe, coñecida como [[Giraldillo]], foi realizada entre 1566 e 1568, terminándose de colocar o 13 de agosto deste ano. A estatua foi fundida en bronce por Bartolomé Morel, segundo modelo realizado con toda probabilidade por [[Juan Bautista Vázquez o Vello]].
 
== Vistas da Giralda ==