Diferenzas entre revisións de «Reino de Galicia»

Este núcleo nobiliario foráneo a Galiza, que se instala co seu séquito no obxectivo de castigar á nobreza galega contraria a Henrique II, substitúe principalmente nos cargos importantes a persoas galegas por outras de fóra. Isto constituíu o primeiro foco diglósico no reino de Galiza, pois os escribas redactaban en lingua galega se eran orixinarios do reino, e en lingua castelá se eran estranxeiros neste<ref>{{cita libro| autor =MONTEAGUDO ROMERO, H.| título =Aspectos sociolingüísticos do uso escrito do galego, o castelán e o latín na Galiza tardomedieval (ss. XIII-XIV)| ano =| publicación =| id = }}</ref>. Se ben é certo que estes últimos serían minoría en Galiza ata o século XV, pois ademais da utilización do galego en todo tipo de documentación privada, este tamén foi empregado polos organismos civís libremente conformados polos cidadáns, principalmente [[concello]]s e [[gremio]]s, así como pola Igrexa nas [[Catedral|catedrais]], conventos, mosteiros etc.
 
[[Ficheiro:GaliziadescriptioI.jpg|thumb|right|280px|Mapa cartográfico do Reino de Galiza. s. XVI no que se situaba a [[Ponferrada]] e [[Vilafranca do Bierzo]] no reino de León. Feito por Ioannes Baptista Vrints.]]
 
Deste xeito o galego funcionou dende o século XIII ata fins do XV como lingua "oficial" entre os propios galegos, independentemente de que existira dende o século XIV unha ínfima minoría de xente estranxeira, aínda que detentadora do poder, que empregase o castelán.
Usuario anónimo