Giralda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Historia ==
====Período almohade====
[[Ficheiro:Torre de la Giralda - Plaza Virgen de los Reyes - Sevilla.jpg|left|250px|thumb|A torre desde a Praza Virgen de los Reyes]]
Durante o período de dominación almohade, a cidade de Sevilla converteuse no seu capital na [[Península Ibérica]], o que trouxo á cidade unha actualización das súas infraestruturas e procedéndose á construción dalgunhas grandes edificacións. Neste ámbito comezouse o levantamento dunha nova mesquita maior, no solar que actualmente ocupa a catedral, da que dependía o [[alminar]]. A construción desta nova mesquita maior, que substituía á existente na Praza do Salvador, iniciouse o ano 1172 e en 1182 pronunciouse a primeira [[jutba]] ou sermón na [[mesquita]]. Tiña orientación de norte a sur e a súa porta principal, correspondía á actual ''Porta do Perdón'' que dá entrada ao ''Patio dos Naranjos'', que formaba parte do recinto da mesma. O alzado exterior da mesquita tiña influencias da de [[Mesquita de Córdoba]], mentres que a estrutura da súa planta procedía do modelo das mesquitas marroquís de [[Marrakech]] e de Tinmal.