Giralda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 12:
====Período cristián====
Por mor dun [[terremoto]] ocorrido en [[1365]] perdeuse a antiga esfera orixinal de cobre que coroaba a torre, que foi substituída por un sinxelo [[alminar]]. Posteriormente, no [[século XVI]], engadiuse o corpo de campás, correndo a construción a cargo do arquitecto [[Hernán Ruiz, o Mozo|Hernán Ruiz]], que ademais foi encargado polo cabildo catedralicio para que o novo corpo tivese un ''remate en forma de estatua que representa a Fe''. A estatua foi instalada en [[1568]]. A palabra ''giralda'' provén de ''virar'' e significa "catavento de torre que ten figura humana ou de animal".<ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=giralda Diccionario da Lingua Española]</ref> Co paso do tempo, ese nome pasou a denominar á torre no seu conxunto, comezándose a coñecer á figura que a coroa como o [[Giraldillo]].
 
== Precedentes estilísticos ==
A construción da Giralda baseouse no alminar da [[mesquita Kutubia]] de [[Marrakech]] ([[Marrocos]]), tamén construído no [[século XII]], considerado cos seus setenta e nove metros de altura, unha obra mestra da arte hispana-magrebí, consta dunha estrutura moi similar á torre sevillana, segue a forma máis típica dos alminares da escola hispanomarroquí, cun corpo principal de forma [[ortoedro|ortoédrica]] sobre o que se sitúa outro moito máis reducido, a modo de remate. Outra gran mostra de arquitectura moi similar constitúea, a gran [[Torre Hasan]] de [[Rabat]], considerada ''irmá'' da Giralda e cuxo proxecto de construción prevía un altura de sesenta metros, pero as obras interrompéronse cando chegaba aos 44 metros. En ambos os precedentes atópanse os elementos decorativos dos almohades, reproducidos na Giralda, con arcos cegos, lacerías e relevos que se inspiran nos que realizaban os [[seliúcidas]] nesa mesma época na rexión de [[Asia Menor]].<ref>Historia del Arte Salvat (El arte islámico), Salvat editores</ref>
 
== Vistas da Giralda ==