Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Pecado''' é, en diversas relixións, unha ofensa contra divinidade que vai contra a orde das cousas por ela establecida. * No xudaísmo identifícase cunha traición á A..."
 
Sen resumo de edición
Liña 8:
* Na [[Igrexa Ortodoxa]] enfatízase a identificación do pecado cunha efermedade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificación que arela a súa esencia. Para teólogos ortodoxos como [[Olivier Clément]] ou [[Pavl Evdokimov]], dentro da tradición ascética oriental, o pecado aparece como dislocación divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e aílla nunha soedade infernal, envenena as relacións humanas e ata o mesmo ambiente cósmico.
 
* Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia. Esto determina a maldade esencial da súa conducta sempre debedora da soberbia e impregnada do egoísmo e cuxo poder o home sufre cunha impotencia característica. Teólogos luteranos como [[Eberhard Jüngel]] afirman que o pecado non se da a coñecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a súa identificación e coñecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tamén ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio [[Martín Lutero|Martiño Lutero]] afirma ''natura peccati est non velle esse peccatum''. Segundo [[Sören Kierkegaard]] ''ningún home, polas súas propias capacidades e por si mesmo, é quen de enunciar o que é o pecado, e non o é precisamente porque está en pecado''. Nesta mesma liña, [[Karl Barth]] entende que ''o coñecemento de que o home é pecador, fáltalle precisamente porque é pecador''. En [[Xesús de Nazareth]], Deus salva gratuítamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.
 
As primeiras listas de pecados na literatura cristiá figuran nas cartas de [[Paulo de Tarso]] que mencionan a idolatría, os odios, as rencillas, as disensións, as divisións, os ciumes, as orxías, a fornicación, as discordias, a mentira, a murmuración, a avaricia...
Liña 14:
Para [[Gregorio Magno]] a raíz de todo pecado concreto está na soberbia, que é o pecado demoníaco e do que derivan o resto dos pecados capitais: envexa, avaricia, xenreira, tristura, luxuria, gula.
 
Para os [[Pais da Igrexa]] os pecados provocan situacións sociais de inxustiza e desigualdade contrarias á bondade divina. Salvo o que se denomina blasfemia contra o [[Espírito Santo]], o pecado non supón un límite para a misericordia de Deus. Xa para Paulo de Tarso, ''onde abondou o pecado sobreabundou a [[graza]],'' e na liturxia das Igrexas se proclamaproclámase: ''Oh! feliz culpa, que mereu tan grande redentor.''
 
==Bibliografía==