Templo romano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
elimino ligazón a homónimos |
arranxos |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Augustus temple Pula.jpg|thumb|right|200px|Templo de Augusto en [[Pula]], [[Croacia]]]]
O '''templo romano''', era o lugar de culto da [[Roma Antiga]]. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de [[Templo etrusco|cella etrusco-itálico]] e o [[pórtico de columnas]] do [[templo grego]], con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que [[Vitrubio]] chamou [[orde toscana]], case cadrado sobre [[
[[Ficheiro:Templi-greci-it.gif|thumb|largopx|left|Plantas dos templos gregos, base dos romanos]]
A [[planta circular]] aplicouse aos templos de [[Vesta (deusa)|Vesta]], en memoria da cabana romana; segundo [[Vitrubio]], podía ter ou non ''[[cella]]'' interior, sendo o primeiro un ''tholos'' con [[pórtico]], como o de [[Tívoli]], de tempos de [[Sila]], ou o do foro romano. Notable tamén o [[templete de Baalbek]], precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o [[Panteón de Agripa]], fundado por Augusto e refeito por [[Hadrián]], cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos [[capitolio]]s, adicados á [[Tríade Capitolina]], con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] no centro, á dereita [[Xuno]] e á esquerda [[Minerva]]; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en [[Timgad]] ([[Alxeria]]), [[Pompeia]], [[Sbeitla]] ([[Tunisia]]), e outros lugares ata onde se espallou o [[Imperio Romano|Imperio]].
|