Diferenzas entre revisións de «Poliamina»

m
→‎Papel biolóxico: ácido desoxirribonucleico
m (→‎Papel biolóxico: ácido desoxirribonucleico)
Nas plantas actúan como [[fitohormona]]s, é dicir, reguladores do desenvolvemento, aínda que este papel é discutido <ref name="azcón-bieto">{{cita libro| autor = Azcón-Bieto,J y Talón, M. | título = Fundamentos de Fisiología Vegetal | año = 2000 | editorial = Mc Graw Hill Interamericana de España SAU | id = ISBN 84-486-0258-7}}</ref> debido a que a súa [[concentración]] na planta é moi elevada, o que é oposto á idea de que interveñan como [[hormona]]s, substancias, que por definición, son activas en moi baixa dose. Outra opinión é que actúan simplemente como [[segundo mensaxeiro|segundos mensaxeiros]].<ref name="azcón-bieto"/> O que si está claro é que afectan a varios aspectos do [[desenvolvemento]], [[crecemento]], [[senescencia]] e [[resposta ao estrés]]. As poliaminas son biosintetizadas a partir da [[cadaverina]] e por transferencia dun grupo aminopropil fornecido por unha molécula de [[S-Adenosil metionina]] descarboxilada.
 
As poliaminas máis importantes das plantas son a [[putrescina]] (unha diamina), a [[espermidina]] (unha triamina) e a [[espermina]] (unha tetraamina). Debido á súa natureza policatiónica, poden unirse e estabilizar a polímeros ricos en cargas negativas como é o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]],<ref>{{cita libro| autor = Prescott, L.M. | título = Microbiología | año = 199 | editorial = McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. | id = ISBN 84-486-0261-7 }}</ref> pero tamén a [[fosfolípido]]s e [[proteína]]s.<ref name="azcón-bieto" /> Ditas funcións poropóñense igualmente para animais e microorganismos.
 
Un exemplo da súa importancia é que cando a súa síntese está inhibida, o [[ciclo celular]] deténse ou vai máis lento, a non ser que se engadan exoxenamente. A maioría das células [[eucariota]]s posúen un sistema de transporte de poliaminas situado na [[membrana plasmática]] que facilita a captación de poliaminas exóxenas. Dito sistema, de vital importancia en tecidos animais que se encontran en proliferación, é unha diana farmacolóxica no desenvolvemento de novos [[quimioterapia|compostos quimioterapéuticos]].<ref>Wang, C.; Delcros, J.-G.; Cannon, L.; Konate, F.; Carias, H.; Biggerstaff, J.; Gardner, R.; Phanstiel, O. Defining the molecular requirements for the selective delivery of polyamine-conjugates into cells containing active polyamine transporters. J. Med. Chem. 2003, 46, 5129-5138.</ref>
108.403

edicións