Colina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Función no feto: ácido desoxirribonucleico
Liña 118:
=== Función no feto ===
Durante o embarazo, a demanda de colina é moi grande, xa que se utiliza como substrato para construír membranas celulares, para aumentar as reservas de colina no feto e na placenta e para incrementar a produción de [[lipoproteínas]].<ref>Institute of Medicine, Food and Nutrition Board. Dietary reference intakes for Thiamine, Riboflavin, Niacin, Bitamin B6, Folate, Vitamin B12, Pantothenic Acid, Biotin and Choline. Washington, DC: National Academies Press;1998</ref><ref>Allen LH. Pregnancy and lactationg In: Bowman BA, Russle RM , eds. Present Knowledge in Nutrition. Washington DC: ILSI Press; 2006: 529-543</ref><ref>King JC. Physiology of pregnancy and nutrient metabolism. AM J Clin Nutr. 2000;71(suppl):1218S-1225S.</ref> Ademais destas funcións, a colina ten moito que ver na formación e desenvolvemento do cerebro. O crecemento do cerebro é moi rápido durante o terceiro trimestre do embarazo e continúa desenvolvéndose ata os 5 anos de idade.<ref>Morgane PJ, Mokler DJ, Galler JR. Effects of prenatal protein malnutrition on the hippocampal formation. Neurosci Biobehav Rev. 2002;26:471-483</ref> Durante este período hai unha demanda moi alta de [[esfingomielina]], que se forma a partir da fosfatidilcolina. Ademais, precísase colina para a produción do [[neurotransmisor]] acetilcolina, o cal pode influír na estrutura e organización de determinadas rexións do cerebro, na [[neuroxénese]], mielinización e formación da [[sinapse]]. A acetilcolina tamén está presente na [[placenta]] e axuda ao control da proliferación e diferenciación das [[células]].<ref>Sastry BV, Sadavongvivad C. Cholinergic systems in non-nervous tissues. Pharmacol Rev. 1978;30:650-132.</ref><ref>Eaton BM, Sooranna SR. Regulations of the choline transport system in superfused microcarrier cultures of BeWo cells. Placenta. 1998; 19:663-669.</ref><ref>Wessler I, Kirkpatrick CJ. Acetylcholine beyond neurons: The nonneuronal cholinergic system in humans. BR J Pharmacol. 2009;154:1558-1571.</ref> A colina tamén intervén na metilación dos dinucleótidos no ADN do cerebro (esta metilación pode cambiar a expresión xenómica entre outros efectos). <ref>Waterland RA, Jirtle RL. Early nutrition, epigenetic changes at transposons and imprinted genes, and enhance susceptibility to adult chronic diseases. Nutrition. 2004;20:63-68.</ref> <ref>Davison JM, Mellott TJ, Kovacheva VP, Blusztajn JK. Gestational histone methyltransferases G9a (Kmt1C) and Suv39h1 (Kmt1a) and DNA methylation of their genes in rat fetal liver and brain. J Biol Chem. 2009; 284:1982-1989.</ref>
Un aspecto importante é que a actuación da colina no feto depende da súa [[concentración]]. A concentracións baixas de colina, esta utilízase para a formación de fosfolípidos. Cando a concentración aumenta, a colina libre convértese en [[betaína]] nas mitocondrias do fígado (a betaína utilízase como fonte de grupos metilo para metilacións do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]).<ref>Park EI, Garrow TA. Interaction between dietary methionine and methyl donor intake on rat liver betain-homocysteine methyltranferase gene expression and organization of the human gene. J biol Chem. 199;274:7816-7824.</ref><ref>Weinhold PA, Skinner RS, Sanders RD. Activity and some properties of choline ckinase, cholinephosphate cytidyltransferase and choline phosphotranferase during liver developement in the rat. Biochem Biophys Acta. 1973;326:43-51</ref>
A concentración tamén é moi importante para que poida chegar colina ao [[cerebro]] e así asegurar unha correcta formación deste órgano. O transporte de colina cara ao cerebro faise pola mediación dun transportador específico. Este ten baixa [[afinidade]] pola colina. Cando as concentracións de colina son superiores a 14 umol/L a colina únese ao transportador e diríxese ao cerebro. A colina almacénase unida á membrana en forma de fosfatidilcolina, e poderá ser utilizada por exemplo, para a síntese do neurotransmisor [[acetilcolinesterase]].