Economía de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 187:
 
=== Turismo ===
Co 75 millóns de visitantes por ano, a Francia é o país máis visitado do mundo na [[listaxe dos principais destinos turísticos mundiais]] por diante de [[España]] (55,6 millóns no 2005) e dos [[Estados Unidos]] (49,4 millóns no 2005), e ten a terceira máis alta renda co [[turismo]]<ref name=CIA/>. Os 79,1 millóns de visitantes exclúen as estancias de menos de 24 horas no país, coma os [[Europa do norte|noreuropeos]] que cruzan cada ano o país para chegaren a [[España]] e [[Italia]]. Os principais atractivos de interese turístico de Francia son as súas cidades, posuidoras de grande interese cultural (sendo [[París]] a máis destacada), praias e destinos costeiros, ''resorts'' de [[Esquí (deporte)|esquí]], e rexións rurais que ofrecen ao turista fermosos paraxes para o descanso. Francia tamén atrae cada ano millóns de peregríns que se achegan ao santuario relixioso de [[Lourdes]]. No ano [[2003]] as principais atraccións turísticas do país (segundo o número de visitas no ano 2003<ref>http://www2.culture.gouv.fr/deps/mini_chiff_03/fr/musee.htm</ref>) son: a [[Torre Eiffel]] (6,2 millóns), o [[Museo do Louvre]] (5,7 millóns), o [[Palacio de Versailles]] (2,8 millóns), o [[Museo de Orsay]] (2,1 millóns), o [[Arco de Triunfo de París]] (1,2 millóns), o [[Centro Pompidou]] (1,2 millóns), [[Mont-Saint-Michel]] (1 millón), [[Château de Chambord]] (711.000), [[Sainte-Chapelle]] (683.000), [[Château du Haut-Kœnigsbourg]] (549.000), [[Puy de Dôme]] (500.000), [[Museo Picasso]] (441.000) e [[Carcassonne]] (362.000).
 
=== Intercambios exteriores ===