Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mocidade: Sahagún, León
m →‎Campañas militares: Castela - Castilla
Liña 53:
A comezos do verán do ano [[933]], o propio Califa, presentábase co seu exército fronte a [[San Esteban de Gormaz]] ou Castromoros, do que Ramiro tivo noticia por correos que lle enviou [[Fernán González]]. Cando o soubo, segundo o cronista [[Sampiro]], ''o rei puxo en movemento o seu exército e saíu contra eles nun lugar chamado Osma, e invocando o nome do Señor, mandou ordenar as súas hostes e dispuxo que todos os homes se preparásen para o combate. O Señor deulle gran vitoria, pois matando a boa parte deles e facendo moitos miles de prisioneiros trouxo-olos consigo e regresou á súa cidade con sinalado triunfo''.
 
O verán do ano [[934]], outra poderosa [[aceifa]] cordobesa marchou sobre [[Osma]], e avanzando polo corazón de [[ Castela - Castilla|Castela]] chegou até [[Pamplona]], onde obtivo a submisión da raíña [[Toda de Navarra]], volveu sobre [[Araba]] e logo sobre [[Burgos]] e o [[San Pedro de Cardeña|mosteiro de Cardeña]] -onde deu morte a 200 monxes-, comezando a retroceder desde [[Hacinas]], acosado por guerrillas e emboscadas. Ramiro chegou ao Douro cando o exército cordobés xa alcanzara Burgos e Pamplona. Tomou sen grande esforzo a fortaleza de Osma e esperou alí o regreso do seu inimigo, que marchaba polo mesmo camiño de entrada. Os ''Anais Casteláns Primeiros'' resumen a acción que seguiu: ''Segunda vez viñeron os mouros a Burgos, en éra 972'' (ano 934). ''Pero o noso rei Ramiro saíulles ao encontro en Osma e matou a moitos milleiros deles''.
 
Tres anos despois veremos ao rei galego actuando habilmente en apoio de Aboyaia, rei de [[Zaragoza]], a quen o califa acusaba de traidor e culpábel principal do desastre en Osma. O cronista Sampiro abrevia así os feitos: