Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m →‎Formación: Lingua árabe
Liña 4:
==Traxectoria==
===Formación===
De familia fidalga e oriúnda da Montaña, a infancia de Quevedo transcorreu na Corte rodeado de potentados e nobres, xa que os seus pais desempeñaban altos cargos en Palacio. O pai, Francisco Gómez de Quevedo, era secretario da princesa María, esposa de Maximiliano de Alemaña, e a súa nai, María de Santibáñez, era camareira da raíña. O rapaz, superdotado, de pés deformes, coxo de un, gordo e moi curto de vista, quedou orfo aos seis anos e refuxiouse nos libros dentro do Colexio Imperial dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] de Madrid. En [[1596]] marchou á [[Universidade de Alcalá de Henares]], onde estudou ata [[1600]]. Pola súa conta profundou ademais en [[filosofía]], linguas clásicas, [[ Lingua árabe |árabe]], [[hebreo]], [[francés]] e [[italiano]]. En [[Valladolid]], ata onde foi seguindo a Corte alí trasladada polo [[Duque de Lerma]], estudou tamén [[teoloxía]], para a que fará posteriormente algunhas achegas, como o tratado contra o ateísmo ''Providencia de Deus''.
 
Xa por entón salientou como poeta e figurou na antoloxía xeracional de [[Pedro Espinosa]] ''Flores de poetas ilustres'' ([[1605]]), mais o conxunto da súa obra poética foi editado postumamente e pode clasificarse dentro do [[Conceptismo]] [[Barroco]]. Tamén cultivará a prosa, escribindo como xogo cortesán no que o máis importante era a presunción de enxeño, a primeira versión manuscrita dunha [[novela picaresca]], a ''Vida do Buscón'', e un certo número de curtos opúsculos burlescos co que gañou certa celebridade entre os estudantes e dos que habería de renegar na súa idade madura como brincadeiras de xuventude. Igualmente por esas datas sostén un moi erudito intercambio epistolar co humanista [[Xusto Lipsio]], deplorando as [[guerra]]s que estremecen [[Europa]], segundo pode verse no ''Epistolario'' reunido por [[Luis Astrá Marín]].