Diferenzas entre revisións de «Escudo portugués»

arranxos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sl:Portugalski eskudo)
(arranxos)
O decreto do 22 de maio de 1911 reformou profundamente, baixo o punto de vista técnico, o sistema monetario vixente en Portugal, alterando a denominación de tódalas moedas, o material, o peso, e as dimensións das pezas de [[bronce]], e substituíu o [[real]] polo escudo de ouro. Dividido en 100 partes iguais, denominadas "centavos", o escudo correspondía, tanto no valor como no peso de ouro fino, á moeda de 1.000 ''réis''. Como múltiplos, creáronse moedas de ouro, que nunca se chegaron a acuñar, de 2, 5 e 10 escudos, e como submúltiplos, moedas do valor legal de 10, 20 e 50 centavos, e moedas subsidiarias de bronce e [[níquel]] de valor legal de 4, 2, 1 e ½ centavos, que, agás a última, chegaron a ser acuñadas.
 
Despois de 1914, debido á crise provocada pola [[Primeira Guerra Mundial]], o ''escudo-papel'' (billetes) experimentou un descenso vertixinoso de valor, acadando a súa menor correspondencia en ouro en xullo de 1924. Desde o segundo semestre de 1926 ata abril de 1928 o escudo sufriu novas desvalorizacións, como consecuencia de dous aumentos de circulación, do agravamento da débeda fluctuanteflutuante interna e externa, e do case total esgotamento das reservas de ouro que o [[Tesouro Nacional de Portugal|Tesouro Nacional]] posuía en [[Londres]].
 
Polo decreto nº 19.869 do 9 de xuño de 1931 lanzáronse as bases dun novo sistema monetario, para manter a estabilización do valor desta moeda. O escudo de ouro continuaba sendo a unidade monetaria, mais cun peso inferior, servindo apenas como moeda-padrón.
52.639

edicións