León, España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:León (grad)
m →‎Historia: Galería (arquitectura)
Liña 42:
Especial atención merecen as grandes termas situadas en boa parte baixo a [[catedral]]. Localízanse nas inmediacións da porta oriental do campamento, ó carón da ''Vía Principalis''.
 
Unha escavación realizada no exterior do recinto amurallado, nas proximidades do seu ángulo surleste, permitiu descubri-los restos dunha [[ Galería (arquitectura) |galería]] abovedada, pero non puido asociarse cunha edificación determinada.
 
Restos dunhas pequenas termas apareceron recentemente no [[barrio de San Lorenzo, León|barrio de San Lorenzo|]], ó leste do recinto fortificado. A súa cronoloxía pódese establecer dun xeito amplo polos selos presentes nos seus muros. Todos portaban a inscrición Legio VII ''Gemina Felix'', polo que nos indica que puideron construírse dende o [[73]] ou [[74]] d.C., sen supera-lo principado de [[Septimio Severo]] (193-211 d.C.), momento no que recibe o epíteto de Pía.
Liña 50:
No período comprendido entre os [[século VI|séculos VI]] e [[século VIII|VIII]], a escaseza de evidencias arqueolóxicas, só localizadas en lugares concretos, proxectan unha imaxe carente de vitalidade urbana, cunha clara redución do espazo habitado, que semella concentrarse na zona sul. Ata agora, nada indica que poidamos falar dunha ''civitas'', xa que se aprecia unha total continuidade coa etapa baixoimperial, o que nos indica que a presenza do poder [[visigodo]] foi nula ou mínima, reducida, quizais, o acuartelamento dalgunhas tropas.
 
A cidade foi conquistada polos [[musulmánsmusulmán]]s no ano [[712]]. Cara o ano [[846]], un grupo de [[mozárabes]] tentou repoboa-la cidade, máis un ataque musulmán rematou con aquela iniciativa. No ano [[856]], co rei [[Ordoño I]], produciuse un novo intento de repoboación, con éxito, e máis tarde no ano [[914]], [[Ordoño II]], fíxoa capital do seu reino. Saqueada por [[Almanzor]] cara o ano [[987]], foi de novo reconstruída e repoboada con [[Afonso V]], que lle outorgou o Foro de [[1017]], co que se regulou a vida económica da cidade e o funcionamento do seu mercado. Xurdiron, pois, barrios de artesáns e comerciantes que, a partir do [[século XIII]], interviñeron no [[goberno municipal]]. Durante a baixa [[Idade Media]], a gandería deu a cidade unha época de prosperidade. No [[século XVI]] iniciouse a súa decadencia económica e demográfica, que se mantería ata o século XIX. Durante o século XX o desenvolvemento da minaría do carbón converteríana nunha das cidades máis dinámicas da Península, situación que foi empeorando ó remata-lo devandito século, co declive da [[minaría]].
 
== Principais monumentos ==