Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: fi:Meksikon historia
m →‎Mesoamérica: Pirámide (construción)
Liña 14:
Non se trataba de espazos cerrados, como na arquitectura cristiá, senón de monumentos expostos á contemplación desde o exterior. Por iso os seus interiores serán sempre pequenos e de escasa beleza, mentres que no exterior despregará a súa máxima brillantez e perfección. Neste sentido hai que considerar todos os grandes conxuntos arquitectónicos. Os interiores, como xa se dixo, son pequenos e estaban dedicados principalmente a albergar as imaxes dos deuses. Son lugares sagrados, inaccesibles para o pobo, o cal queda no exterior. Para reunir e concentrar o pobo, facíase necesaria a construción de amplos recintos. Hainos na maior parte de cidades ou centros cerimoniais da área, como a gran praza fronte ao templo de Kukulkan en Chichén-Itzá, a cidadela de Teotihuacán, a praza central do [[Monte Albán]] ou as prazas de Copán e Quiriguá, etc.
 
Ao carón desas prazas ou ao fondo deses espazos abertos elevábanse os [[templo]]s, encravados sobre as típicas [[Pirámide (construción)|pirámide]]s escaloadas que se elevan por toda a área mesoamericana. A idea fundamental destas pirámides é a de situar a divindade na elevación que lle corresponde espiritualmente. Os banzos das pirámides e as entradas nos templos quedarían reservadas aos sacerdotes, mentres o pobo, situado en torno á pirámide e como espectador dun drama máis ou menos comprensible, ollaría e adoraría a unha divindade máis agochada que coñecida, máis interpretada polos sacerdotes que querida por eles mesmos. Elevación, grandiosidade, intranxibilidade, son as ideas que presiden o pensamento construtivo das pirámides mesoamericanas. Pero dentro deste carácter haberá que facer algunhas distincións: a pirámide arcaica non chega a unha suficiente elevación e separación do pobo, namentres a pirámide teotihuacana é unha inmensa construción de base ancha e grande peso de liñas. Por outra parte, a pirámide maia do período clásico é sinxela, elegante, liviá, adornada con peites de pedra que lle quitan rixidez e peso. E finalmente, a pirámide do período histórico ou militarista (Tenaiuca), Tenochtitlán, volve á tradición teotihuacana con formas extraordinariamente pesadas e rechonchas.
 
A maior parte da arquitectura mesoamericana é de carácter eminentemente relixioso. Neste sentido débense interpretar tamén os chamados pazos que, probablemente, estaban destinados a servir de habitación aos sacerdotes. Exemplos destos pazos témolos no Palenque, Uxmal, Teotihuacán, etc. É neste lugar onde se pode situar o nacemento da [[columna]] e a [[pilastra]]. Esta columna ou pilastra terá caracteres definidos en [[Tula]] (no templo de Tlahuizcalpantecuhtli) e é na civilización tolteca na que estende o seu uso ata lugares tan afastados entre si como A Queimada (Zacatecas), Chichén-ltzá (Yucatán) ou Mitla (Oaxaca). A típica columna tolteca é a representación dunha [[serpe]] emplumada, cuxa cabeza serve de base ao corpo, con plumas de [[quetzal]], é o fuste, e cuxa cola, con cascabeis, constitúe o capitel. Con este aspecto ían florecendo no altiplano central cidades comas as de Cholula e Teotihuacan, da que se di que era o prototipo de cidade mesoamericana, na que se deu en varias etapas. A área comezou a poboarse cara o ano 200 A.C. Nela atopáronse ruinas de templos, pazos e grandes prazas, cun abarcamento duns 20 Km². Pódese dicir que as construcións máis importantes son: a ''pirámide do Sol'' (que mide 222 m. do leste ao oeste, 225 m. do norte ao sur e presenta 64 m. de altitude), e a ''pirámide da Lúa'' (que mide 147 m. do leste ao oeste, 118 m. do norte a sur e 45 m. de altitude). Os murais ao fresco foron moi abundantes nesta cidade.