Exiptoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Egiptologia
m →‎O primeiro coñecemento de Exipto: Pirámide (construción)
Liña 4:
A primeira publicación sobre Exipto foi obra de [[Hecateo de Mileto]], no [[século -VI|século VI]] a.C. pero esta obra xa está perdida. Unha vez extinguida a antiga civilización exipcia perdeuse o coñecemento sobre ela e só ficaron visíbeis as súas grandes creacións arquitectónicas. Para os [[Grecia antiga|gregos]] e [[roma]]nos, Exipto era unha terra de sabios na que se gardaban segredos ancestrais, e lugar ao que había que acudir para formarse. Moitos dos grandes personaxes do mundo grego visitáronno e estudaron alí, como [[Licurgo]], [[Solón]], [[Esopo]], [[Anaxágoras]], [[Demócrito]], [[Tales de Mileto]], [[Pitágoras]] e [[Platón]]. Os capítulos máis extensos dos xeógrafos clásicos, como [[Herodoto]] ([[século -V|século V a.C.]] e [[Diodoro Sículo]] ou [[Estrabón]] ([[século I]]) dedicábanselle a Exipto.
 
Occidente perdeu esta relación cando Exipto entrou no [[Islam|mundo islámico]]. Os [[peregrino]]s medievais que viaxaban á [[Terra Santa]], ou os [[cruzado]]s, visitaban ás veces Exipto e os lugares asociados coa vida de [[Xesús Cristo]]; pero as [[Pirámide (construción)|pirámide]]s, por exemplo, eran consideradas graneiros, como os descritos na historia de [[Xosé]].
 
No [[século XV]] publicáronse en [[Europa]] os ''Hieroglyphica'' de [[Horapollo]], unha obra do [[século IV]] de pretendida orixe exipcia con explicacións simbólicas duns douscentos [[hieroglifo exipcio|hieroglifos]]. Tamén se publicou o ''Corpus Hermeticum'', colección de tratados filosóficos dos primeiros séculos cristiáns con ideas exipcias mesturadas con [[neoplatonismo|neoplatónicas]]. Ambos estes dous textos confirmaban a crenza dos gregos na superior sabedoría dos exipcios.