Océano Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: vep:Atlantine valdmeri
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Historia ==
[[Ficheiro:Atlantic bathymetry.jpg|thumb|240px|[[Batimetría]] atlántica]]
Os antigos, que chamaban ao Atlántico ''mar Tenebroso'' ou ''mar Océano'', coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Británicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de [[Noruega]], [[Islandia]], [[Grenlandia]], [[Spitsberg]] e [[Nova Escocia]], no actual [[Canadá]]. Ata o final da [[Idade Media]], só se facían navegacións costeiras, indo ata o [[Cabo Boxador]] (ao que chegaron os navegadores portugueses en [[1434]]). No [[século XV]] os portugueses intensificaron a exploración da costa da [[África]] e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por alto mar. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de [[1485]]) foi facilitada polo uso de instrumentos como o [[Compás (navegación)|compás]] e mailo [[astrolabio]]. Outro factor decisivo foi o estudo do rexime dos ventos no Atlántico: en [[1439]], as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo en sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da [[África]] e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no [[século XV]] os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que máis tarde facilitaron a viaxe de [[Cristovo Colón]] na primeira travesía documentada do Océano.
 
Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlántico, de tal forma que ata [[1488]] toda a costa oeste da [[África]] estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do [[século XVI]], toda a costa atlántica do continente americano (atopado no [[1492]] por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de [[España]]. Os reis de [[Portugal]] procuraron, desde o inicio, garantir as descobertas dos seus navegadores e desde [[1443]], varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violasen esas determinacións fosen mortos e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre [[España]] e [[Portugal]], ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de [[Francia]] e [[Gran Bretaña]]. Despois de [[1580]], con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con [[España]] pola súa independencia. Eles estenderon as accións bélicas contra [[Portugal]], despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de [[España]] e [[Portugal]]), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de [[España]]. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do [[século XVII]], comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, despois polos ingleses e franceses ([[século XVIII]]). No [[século XIX]] organizáronse numerosos cruceiros oceanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.